31 de marzo de 2016

ROBBY AT XABI´S AND SARA´S HOUSE

Ola queridas familias,
despois de contarvos as aventuras do meu amigo Patch nas casas de Sara e Xabi, estou desexando contarvos as que eu vivín con estos dous super dragóns!
Primeiro fun con Xabi a visitar á súa familia e o seu fogar. Cando os dragóns colleron os abrigos e se prepararon para ir á casa, Xabi colleu a miña caixiña e levoume con moito coidadiño ata a súa casa. Recordo moi ben o emocionado e contento que me sentía xa que o meu amigo Patch contarame todo o que fixeran xuntos na súa visita e eu xa non podía agardar nin un minuto máis...
Xa no coche fomos xogando todo o camiño e,  ao chegar á casa, xa un pouquichiño tarde, puxemos os pixamas e xogamos moitísimo a cousas super chulas!

Collage1R

Alí, eu tamén coñecin a moitísimos amigos novos cos que estivemos xogando ata altas horas da noite! Tan tarde era, que Antía e Nuria, a irmá e a mamá de Xabi xa durmían profundamente ó noso carón. Nós, tratando de non facer moito ruido para non despertalas, continuamos xogando ate que quedamos durmidiños!
Thank you Xabi por tantos xogos, caricias e momentos tan divertidos :)
Esa mesma semana, Sara levoume á súa casa. Outra vez me sentía tan emocionado...o meu amigo Patch xa me contara que foran xuntos de pesca e que leran un conto xuntos á noite!
Sempre que me conta as aventuras que vive cos dragóns póñome tan nervioso e contento que parece que nunca chega a hora de ir con eles!
Pois ben, ao chegar á casa de Sara, e despois dun duro día de traballo, xogo, risas e aprendizaxes decidimos relaxarnos un anaquiño descansando no sofá á vez que escoitabamos música! Unha das miñas cancións favoritas ademáis! "Hello Robby"! Como os dous a sabiamos, cantamos xuntos unha e outra vez.
Pic1

Cando xa estabamos case sen voz de tanto cantar, xogamos un pouquiño e fómonos preparar para ir á cama. Sara tiña unha super sorpresa para min! Xa falaramos de ler un conto antes de durmir pero...a que non sabedes cal elixiu para min? Cando o vin case non podía crelo! Unha historia de Maisy! Sii, a miña amiga Maisy! Foi xenial coñecer da man de Maisy e coa compaña de Sara todos os nomes de animais que alí aparecían!
Collage1

Ao rematar o conto, quedamos durmidos e descansamos moito para estar listos para todo o que nos esperaba no vindeiro día.
Thanks Sara por elexir ese conto para min e coidarme tan tan ben :)
Moitas gracias a os dous por ensinarme os vosos fogares e tamén e a todos e todas os que nos ledes! Espero podervos contar moitas máis aventuras próximamente.
See you soon :)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!