14 de marzo de 2016

PATCH AT PEDRO´S, TEO´S AND NICO´S HOUSE

Hi friends,
este coelliño peludo ponse en contacto con vós de novo para contarvos as aventuras que Patch vivíu esta semana cos nenos da clase dos Dragóns.
O primeiro día, Patch foi visitar a Pedro e á súa familia. Coma sempre, tiñan uns super plans pensados para facer co meu amigo. Ao saír do cole, foron a un centro de ocio infantil para xogar a miles de cousas! Ali tiráronse polo tobogán, xogaron a nadar nun mar de bolas e ate xogaron a un tipo de fútbol moi moderno! Despois de tanta diversión, foron repoñer forzas cunha rica merenda.

Collage1

Pero os plans aínda non remataban aquí! Xa que despois da merendiña , foron dar un paseo andando e tamén en moto! Sí, sí! Pedro levou a Patch nunha moto super chula de cor amarelo que corría case tanto coma un guepardo! E iso que xa todos sabemos que os guepardos son rapidísimos!
Pic1

Thank you so much Pedro,e tamén ao resto da familia, por levar a Patch a uns sitios tan chulos e facerllo pasar tan ben!
Ao seguinte día, Teo levou a Patch consigo para presentarlle á súa familia! Nada máis saír do cole, Teo e Valeria, á que Patch xa coñecía moi moi ben, foron dar un paseo nunha super moto polo centro comercial. Pero non pensedes que era una moto calquera! Era una moto desas profesionais para super maiores con sidecar e todo! Para ir toda a familia xunta! Máis tarde, e xa un chisco cansadiños, foron á casa a prepararse para ir á cama: puxeron o pixama, lavaron os dentes, cearon...
Collage1

...e cando xa tiñan rematado todo iso, foron durmir pracidamente! Estaban tan tan cansos, que non fixo falta nin contar ovelliñas!
Collage2

Xa á maña seguinte, despois dun almorzo un chisco "sleepy", e de se enfeitaren, foron ao cole cantando unhas cancións super divertidas!
Pic1

Moitas thanks  Teo por coidar tan tan ben a Patch e facelo sentir tan seguro e tranquilo contigo e a túa familia.
O último día, Patch foi visitar o fogar de Nicolás, quen tamén tiña uns plans xeniais para él! Despois dunha rica e equilibrada merenda, foron de paseo en bici. Nico ensinoulle a Patch toooodo o vecindario nun agradable e cómodo paseo en bici! Máis tarde, foron xogar á casa, onde o meu peludiño amigo coñeceua  unha cadeliña moi guapiña. (Esto que quede entre nós, pero Nico contoume ao día seguinte no cole que a Patch se lle puxeran os ollos un pouco raros cando a vira. Creemos que se namorou dela e todo! Pero non o vaiades a dicir por aí, que é un segredo de Dragóns!)
Collage1

Xa máis tarde, á noitiña, e despois dunha boa cena, Nico e Patch foron ler un libro xuntos e durmir prácidamente para repoñer enerxías e así poder aprender moito no cole ao día seguinte.
Pic1
Thanks Nico por coidar tanto do meu amiguiño de orellas grandes!
Grazas aos tres, espero seguir en contacto convosco e contarvos as miñas aventuras e as do meu amigo Patch cos nenos e nenas da clase dos Dragóns cos que aínda  non tiven o pracer de facelo.
See you soon :)

1 comentario:

A vosa participación tamén é importante....contade!!