15 de marzo de 2016

8 de Marzo, Día da Muller

Como xa sabedes nesta data traballamos no cole ao redor da figura das Mulleres, identificamos que mulleres son para nós importantes e falamos do por que desta celebración especial. En cada un dos grupos abordamos o tema de formas diferentes en función dos nosos intereses e o que xa sabiamos. mirade, mirade:

Na aula de 1º e 2º de Infantil falamos das mulleres máis importantes para nós, sen dúbida as nosas mamás e reflexionamos ao redor do que supón ser neno ou nena, home ou muller e sobre todo acordamos que cada un de nós podía decidir que quería facer ou a que quere xogar libremente, que non hai xogos de nenos e de nenas e que cada quen decida por si mesmo o que quere ou non quere ser.
E así representamos ás nosas Mulleres importantes: Mamás!!!

muller dragons4 muller dragóns3 muller dragons 2 muller dragóns 1

Na clase de 3º EI xa tiñamos moi claro que cada un de nós podía decidir a que xogar independentemente do seu xénero e comezamos a falar de cando fosemos grandes que quixeramos ser, e falamos doutros momentos da historia e outras culturas actuais nas que as nenas ou as mulleres só polo feito de selo non poden decidir, ou non poden participar igual que os homes en decisións importantes da súa propia vida. Pareceunos incrible.
E falando de profesións e habilidades pareceunos na asemblea que as chicas non podían pilotar motos, que ese era un deporte de homes e.....que sorprendidos/as  quedamos ao coñecer á piloto do Dakar Laia Sanz!!! Desmontounos as nosas ideas claro!!!
Ademais destes debates e reflexións, falamos das mulleres que temos máis preto de nós día a día: As nosas mamás e acordamos que elas poderían ser "Superheroínas" coa chea de superpoderes que identificamos que teñen....entre outros:

-O Poder da caricia e dos bicos
-O poder de adiviñar o que nos pasa sen contarllo
-O poder das apertas e de curarnos (corpo e corazón) e facer que nos sintamos moito mellor
-O poder da rapidez, de chegar a todas partes e facer mooooitas cousas en pouco tempo
-O poder de cociñar
-O poder de arreglalo tooooodooooo
-O poder da Forza
-e......moitos outros que podedes ler nas tarxetas que acompañan ás nosas Supermulleres en plastillina...con capa e todo!!!

muller tiburons4 muller tiburons 2 muller tiburons 1

En 1ºEp as nenas e nenos acordamos escribir sobre as nosas nais, as que para nós son agora mesmo as mulleres máis importantes. Falamos moito sobre elas, compartimos cos compañeiors e compañeiras sentimentos moi lindos e palabras fermosas e finalmente escribimos aquelas cousas máis destacadas e adicámoslle uns lindos debuxos.

Muler 1ºep1 Muller 1ºep2 muller1ºep3

Os nenos e nenas de 2º de Ep limos o conto de "Arturo e Clementina", analizamos o importante de sentirnos valorados, queridos e importantes. Tamén do dereito a decidir o que queremos ser e facer independentemente do noso xénero e ademais inventamos un novo final para ese conto tan especial.
Aqui vos ensinamos a nosa reconstrución do conto e se queredes lelo con maior detalle podedes vir ao corcho do corredor e gozar das ilustraciñons e da nosa creatividade para cambiar a historia.

Arturo Y Clementina 1 Arturo e Clementina 2 Arturo y Clementina3 Arturo y Clementina4
Arturo y clementina5 

 Foi unha semana de reflexión e traballo....que vos parece????

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!