21 de diciembre de 2015

Visitamos o estudo de gravación "Abrigueiro"

O mes de decembro é un mes máxico que quixemos empezar en Infantil con un proxecto ben bonito, cargado de emotividade e no que o pasamos xenial familias, profes e pequechas e pequechos.

Xa sabedes os máis veteranos que moi pretiño de aquí de Lugo, nas montañas do Courel, vive unha personaxe moi entrañable, de oficio carboeiro, que pola noite de Nadal baixa das montañas para percorrer toda Galicia visitando as casas dos nenos e nenas cando están durmidiños para apalparlles a barriguiña, ver se comeron ben e abondo, e deixarlles unha presiña de castañas e mais algún agasallo que el mesmo fai coas súas mans con elementos da natureza. Si, si!!! O APALPADOR!!!.

Pois ben, con David e Catuxa, os nosos profes de música, aprendemos unha cantiga que fala del e conta esta historia. Unha cantiga feita a partires dun poema de Xurxo Valcárcel  ao que David, coa súa zanfona lle compuxo unha música. E claro, cantámola tan ben e gustábanos tanto que acordamos facer algo máis con ela.
E aquí chegou Arturo, o papá de Aroa da clase dos tiburóns, que nos convidou ao seu estudo de gravación Abrigueiro para que puidesemos sentirnos como os artistas de verdade e....Gravar a música e as nosas voces nun disco. UAUEEEE!!! que grande idea.

E alá fomos no bus, ata a casa de Aroa, Carmen e Arturo a pasar o día. Acolléronnos marabillosamente e ademais da parte técnica da grabación, pasamos un día xenial en contacto coa natureza, xogando na casiña da árbore, nas randeiras, co balón, coa herba, coa terra......

Aquí vos deixamos algunhas das fotos dese gran día que pasamos en Friol nas que poderes ver o entorno privilexiado do que gozamos e o ben que o pasamos nos descansos. A parte musical e de estudo....non queremos amosárvola aínda....temos sorpresas.....de momento isto é todo.
Almorzando
Visita Abrigueiro 5


Visita Abrigueiro 4

Como non, logo do almorzo tocou un descanso ben merecido...

Visita Abrigueiro 3

Visita Abrigueiro 1

Xantar!!!: empanada e "Hot Dog"!!!

Visita Abrigueiro 6
  
  E logo... máis xogo...

Visita Abrigueiro 2
 

Visita Abrigueiro

A xornada rematou con todos nós esgotados pero moi moi satisfeitos e satisfeitas polo gran traballo conseguido con moito esforzo e ilusión por parte de todos e todas. 

Sabemos que estades desexando ver máis... SEGUÍDENOS CON ATENCIÓN.....TRAERÁ O APALPADOR O AGASALLO AO BLOG??

19 de diciembre de 2015

Aniversarios Novembro - Decembro

Ainssss....con tanta actividade non tivemos ocasión de felicitar aos cumpleañeiros de novembro e decembro. Aquí van xuntiños!!!
En novembro cumpriron anos...

Aniversarios novembro 15

E en decembro...
Aniversarios Decembro 15

  Esta entrada é a derradeira que faremos de cumples deste ano 2015... vémonos o vindeiro ano con máis celebracións!!!

Horario de oficina Nadal

O Centro permanecerá pechado, por necesidades de mantemento ata o comezo do trimestre o vindeiro 7 de xaneiro, Mentres atenderémosvos na oficina do Campo Castelo nos días e horario detallado nesta entrada. Tamén podedes enviarnos un correo electrónico a info@centrogalen.com.



16 de diciembre de 2015

PROGRAMA DE NADAL


Estamos de Nadal!! 
Aquí vos deixamos o programa de festas, lembrade que o venres rematamos ao mediodía!

SAÍDA DE BUSES

EI, EP e 1º-2º ESO saen ás13:15h

3ºe 4º ESO e BAC saen ás 13:30h


15 de diciembre de 2015

Humpty Dumpty

Good morning everybody!


Hoxe ímosvos contar una historia: a de Humpty Dumpty!

 Os nenos e nenas de terceiro de infantil gozanis moito con ela e con todas as actividades que fixemos ao redor desta personaxe. Cantamos, debuxamos, xogamos e.... moito máis!
 Aquí vos deixamos un video para facervos  partícipes do ben que o pasamos no noso cole "learning English!"


See you son :)





13 de diciembre de 2015

Visita do papá de Álvaro


O xoves pasado tivemos a visita dun papá, o de Álvaro, que nos veu contar como se festexaba o Nadal nun país que el coñecía ben: Alemaña.
Falounos de cando el tiña a mesma idade que nós e de como celebraban alí estas festas, do Advento, de San Nicolás, dos agasallos que lle deixaban aos nenos e nenas naquel país, do frío e da neve que por estas datas cobre os tellados..
visita pai

Ademais preparamos unha bebida típica para combatir o frío:  ponche.
visista pai 1
visita pai 2
ZUME DE UVA, DE LARANXA, CANELA,CRAVO,AZUCRE..


E probamos unhas galletas típicas, que como nos deixou a receita imos tentar facelas na clase para que poidades probalas o día da festa.

visita pai 3
visita pai 4
visita pai 5
SAÚDE!!
E por último, presentounos unha canción de Nadal alemana que vai ser a nosa canción nas Audicións de Nadal. Estades convidados a vir claro!!

visita pai 6

                                                 " kling glöckchen klingelingeling"



Moitas grazas a Richard por agasallarnos cun anaquiño da túa infancia en Alemaña. 



11 de diciembre de 2015

Proxecto lombrigas

As nenas e nenos de EP comezamos un proxecto moi interesante: as lombrigas
Queriamos saber moitas cousas sobre elas: que comen? teñen ollos? teñen fillos? como viven?.. e moitisimas máis!
Pensamos que non horto había moitas, pero que ir todos os días a observalas ía ser un pouco complicado, así é que montamos unha casiña para elas na aula.
Primeiro fomos ao patio a recoller area, e grava miúda e algunha pedra.


lombrigas 1

Montamos o terrario seguindo os pasos indicados e logo metemos as lombrigas que recolleramos no horto, e ate lle puxemos unhas follas de verdura
lombrigas 3
lombrigas 2


Despois con Elia observamos a través do microscopio unha lombriga que atopamos morta, e poidemos ver moitos detalles do seu corpo.....e tamén, un escarabello, que estaba vivo e aínda nos deu algún susto!
lombrigas 4

A investigación continúa... xa vos contaremos..!

10 de diciembre de 2015

Museo Provincial: buscando animais!!

O pasado xoves os nenos e nenas de Infantil participamos nunha actividade ben chula no Museo Provincial de Lugo, titulada........................

Iamos con moitas expectativas xa que para moitos era a primeira vez que iamos ao museo cos nosos compañeiros e compañeiras. reciviunos a nosa guía, Cristina, cargadiña con mooooitas sorpresas.
Empezamos a nosa aventura nunha sala aberta moi grande na que está exposto un MOsaico moi moi grande que nos explicou estaban nas casas dos romanos para adornar o chan e....feitos con pedriñas moi pequerrechas e de varias cores que formaban os debuxos e formas xeométricas. como teñen mile sde anos e só queda ese, pois non podiamos tocalo así que Cristina deixounos unhas caixiñas con teselas para velas máis de preto .
Mosaico
Explicounos tamén que tiñamos unha misión: converternos en detectives e atopar os animais perdidos por todo o museo. Para axudarnos entregounos a cada un unha viseira especial de visión de animais e foinos ensinando as tarxetas dos animas que tiñamos que buscar. Habíaos por todas partes: nas pinturas, nas esculturas, nas xoias, nos reloxos, na louza antiga, nos mosaicos... bufff canto descubrimos!!!
Gorriños
buscar 
Pasámolo moi ben, estivemos moi metidos nas nosas funcións e foi unha maneira de percorrer o museo e ver algunhas das obras dunha maneira motivadora e divertida.