Agradecemos o voso apoio no desenvolvemento do noso Centro e do noso Proxecto Educativo no que a colaboración mutua é fundamental acompañar ás vosas fillas e fillos na marabillosa aventura de medrar e aprender.
Seguiremosvos contando a través deste espazo virtual, o BLOG, o que imos vivindo nas nosas aulas, nas saídas que faremos ao longo do curso, das visitas que esperamos recibir de vós, as familias, ás aulas e de todas aquelas aventuras que iremos experimentando cos compañeiros e compañeiras, profes e persoal do cole. E recordade, este blog recolle todas estas historias dende EI ata 2ºEP.
Este curso escolar seguimos ofertando os nosos servizos: comedor, transporte e a Escola de Música Cantarela (dende 2º de EI),
Ademais os nenos e nenas de 1º e 2º de EP poderán participar de actividades coa Aula de Natureza Trevia e actividades extraescolares tanto deportivas, a Escola de Baloncesto e outras, como de aprendizaxe de idiomas no Galén English Club, como en anos anteriores. Enviámosvos as follas de inscrición coa fin de elaborar os grupos e horarios e iniciarán todas elas o 14 de setembro.
Seguiremos a usar o correo electrónico como vía
preferente de comunicación con vós, ademais podedes estar sempre en contacto
con nós no teléfono habitual: 982265205 ou no correo electrónico do centro, info@centrogalen.com.
Todas as actividades e a información xerada no
Centro recóllense na páxina web: www.centrogalen.com
A partir dela podedes acceder, ademais, a todos os blogs de etapa,
galerías fotográficas…
Inicio
do curso 2015-16:
Martes 8 de setembro
10.00 - 2º e 3º de Ed. Infantil, Ed. Primaria e
1º e 2º ESO.
10.30 – 1º Ed. Infantil
Mércores 9 de setembro
10.30- 3º e 4º ESO e Bacharelato (este día o
alumnado terá clase só ata as 14.20)
|
Despois de toda esta parte organizativa só nos queda recordarvos que......TEMOS MOITAS GANAS DE VERVOS!!! e que estamos a preparar unha chea de sorpresas.
Vémonos moi moi pronto!!!
Vémonos moi moi pronto!!!