29 de mayo de 2015

No fondo do mar. Reta final!

Ola familias!!

Estivemos tan atarefadas coas sorpresas e visitas máxicas que non vos contamos nada hoxe.

Durmimos moi ben, espertamos ás 08:00 e almorzamos no comedor dos maiores...en pixama!!! que gracia nos fixo.
tendas
Despois do aseo e vestirnos fixemos os obradoiros  mariños e....... bueno non vos contamos máis que xa faremos unha entrada de blog completiña con imaxes.

Almorzo
Asora que saibades só que estamos moi ben e contentísimas  contentísimos, pero tamén con ganas de que chegue a tarde para o reencontro.

Xa en nadiña nos vemos!!
Bicazos!!

28 de mayo de 2015

E chega a noite e con ela... A FESTAAAA!!!!

Pois iso, que chega a noite e... FESTA RACHADAAAAA!!!! Xa ceamos rico rico e recuperamos forzas. Agora toca un pouquiño de música, lume e diversión antes da retirada para a acampada. Estamos cansos e queremos recuperar enerxías para o emocionante día de mañá. Estamos todos e todas contentos e emocionados por meternos nas tendas cos nosos sacos e lanternas pero sobre todo por compartir unha noite tan especial cos compañeiros, compañeiras e profes. Mañá colgaremos máis novas. Ata mañá. thumb_IMG_1144_1024

Inmersión en Galén

Xa chegamos a Galén pero resulta que nos atopamos un cole un pouco diferente que dalgún xeito está inmerso nas profundidades do mar. Alí estaban dous mergulladores que buscaban un tesouro e que nos guiaron na procura dunha embarcación afundida. Nesa viaxe descubrimos un montón de peixiños, xurelos, algas e medusas,…Tamén nos ensinaron a respirar debaixo da auga. Isto está sendo moi emocionante. E non deixa de haber sorpresas!!! 1 4 2 3

Día de praia

Vaia día de praia que tivemos!!! Fixo un sol fabuloso e puidemos gozar moito tanto da auga como da area. Pola mañá xa nos pegamos un bo chapuzón que de seguro pola tarde repetiremos. Logo, coa fame que tanto esforzo esperta, xantamos empanada, uns bocatas e froita para poder xogar cheíños de enerxía. Tamén aproveitamos o tempo na area que sempre tantos xogos ofrece. Está sendo unha xornada fabulosa. Só pensar en todas as sorpresas que aínda nos agardan... 4 3 2 1

Infantil na praia

Chegaron ás 11.30 sen novidade, todo marcha perfectamente, están a gozar do día.


24 de mayo de 2015

Xornadas da cultura 2015

Como cada ano, este mes de Maio está a ser un mes cheíño de cousas bonitas e descubrimentos, festa, literatura, imaxinación, emocións....pois nel celebramos as xa tradicionais Xornadas da Cultura, unha chea de actividades que comezan o día 23 de Abril Día internacional do Libro, e rematan ao redor do día das letras Galegas coa nosa festiña dos Maios. Así que en infantil iniciamos as xornadas con unha visita á Biblioteca Nodal de Lugo para celebrar o Día do Libro.
Alí recibiunos Sabela, a bibliotecaria. Ela contounos varios contos e despois ensinounos como funciona a biblioteca, onde puidemos escoller libros para ler alí nun espazo especialmente preparado para nós.
Tamén nos fixo entrega aos nenos e nenas que aínda non tiñamos, do noso carné de lectoras e lectores co que poderemos ir coas nosas familias e coller emprestados libros, revistas, pelis e ata música.
Biblioteca Nodal1


biblioteca Nodal


Biblioteca Nodal 2

Na aula fixemos tamén uns marcapáxinas para cando leamos pola noite deixalos na páxina que lemos e retomar á noite seguinte.
Na calse dos caracois como estamos inmersos no proxecto dos peixes, decidimos inspirar a nosa creación na obra "O peixe dourado" de Paul Klee. Aquí podedes ver algunha cousiña do artista.
Na clase dos dinosaurios lanzámonos a coser, e con retalliños de teas de refugallo fixemos estes estupendos marcapáxinas.

Marcapáxinas pintando


marcapaxinas dinos

Ademais cada un de nós trouxo da casa o que escollemos como "O noso libro favorito" para poder compartilo e ler coas compañeiras e compañeiros. Como nos gusta ler!!
libros favoritos

Este ano as xornadas da cultura tiveron como eixe central o papel da muller na lliteratura. En todos os cursos do cole, dende Infantil ata bacharelato fixemos investigacións acerca do papel das autoras, as súas obras e historias. 
En infantil e 1º de EP quixemos coñecer a unha escritora galega que fai libros para pequechos e que ademais é unha grande contadora e actriz. Ela é Paula Carballeira (da que xa coñeciamos algúns contos como "Mateo"). Desta volta traballamos co conto "Paco", un ratiño que viaxa á Lúa pensando que é de queixo fresco. 
Limos o conto e fixemos un mural entre todos e todas. Os nenos e nenas de 1º EP e 3º EI reescribimos o conto e expuxémolo no corredor.

Paco 1


Paco

Outro dos proxectos interesantes que iniciamos nestas datas é o "Libro viaxeiro". Trátase dun libro ....baleiro!! non ten texto nin ilustracións e a nosa misión é levalo á casa (de aí que sexa viaxeiro) e coa axuda das nosas familias escribir a historia. Cada día un de nós ten que ler o escrito e continuar a historia. 
É un proxecto moi divertido e importante para nós, pois todas aquelas cousas que fagan partícipes ás nosas familias nos encantan e fomentan esa colaboración familia-escola taaaan importante.
Agora tócavos opinar a vós familias!!! que vos pareceu??

De momento deixámosvos aquí a foto das portadas dos dous libros pois aínda andan de viaxe enchéndose de palabras e historias máxicas. En canto  rematemos contámosvos.
Libros viaxeiros

As Xornadas deste ano foron moi intensas como vedes pero...aínda queda a festiña dos Maios. Seguide atentas e atentos!!!

21 de mayo de 2015

Semana da ciencia 2015: A auga en Infantil

Os nenos e nenas de infantil participamos no proxecto interdisciplinar da Semana da Ciencia que este ano tiña como eixe a auga.
Os nenos e nenas de 1º e 2º de Infantil estivemos a investigar ao redor da auga como lugar onde poden vivir algúns seres vivos. E indagando indagando....os nosos intereses centraron o proxecto nos PEIXES.
Na primeira fase do proxecto recompilamos que cousas sabiamos sobre estes animais e recollémolas nun mural. Estas son algunhas das cousas que sabiamos:

 -Os peixes teñen escamas no corpo
-Algúns viven no mar e outros no río. Algúns no máis profundo do mar onde está moi escuro
 -Viven na auga e respiran debaixo
-Comen a outros peixes.

 Pero despois foron xurdindo algunhas preguntas para as  que queriamos atopar a resposta:

 -Como poden respirar debaixo da auga?
-Para que serven as escamas
 -Como nacen
-Como dormen, que comen, teñen corazón?..... E unha chea de cousiñas que asomaban pola nosa cabeciña e con ganas de atopar respostas.

Fomos traendo libros da casa, videos nos que se veían peixes nacendo das mamás, outros que explicaban que tamén podían nacer de ovos,   enciclopedias con moitas imaxes sobre as que ir sacado conclusións....

E ademais limos un conto que se chama "El Pes" no que unha nena montaba un acuario e....ocorréusenos a xenial idea de montar un para poder observar ben de preto como viven os peixes de auga doce e morna.
Así que....mans á obra.

Buscamos un acuario, unhas pedriñas e un pouco de area para o fondo, saímos fóra a lavalo...

limpando acuario


lavar pedras

E unha vez limpiño todo.....a montalo!
Peixes 2
Despois fomos descubrindo moitas cousas que nos chamaron moito a atención. Por exemplo:  sabedes que unha raia pode medir de punta a punta das aletas tanto como 8 de nós. E comprobámolo no corredor. Alucinante non si?

Raia

E para compartir  os nosos descubrimemtos co resto do cole e coas familias acordamos facer un mural co fondo do mar no que ir escribindo as nosas conclusións do proxecto.
Primeiro fixemos a auga coas ondiñas
mural peixes
na que puxemos a nadar uns peixiños feitos de papel e texturas. E ademais convertemos o noso corredor nun mar polo que mergullarse.

corredor

No acuario ademais de pedriñas e area puxemos plantiñas pois sabemos que aos peixiños lles gusta agocharse detrás delas. 
E por suposto puxemos peixes. Catuxa trouxo algúns guppies e nós fomos aportando outros exemplares de  Neóns. 
Estamos moi atentas e atentos ao que pasa día a día no acuario e descubrimos que hai unha femia de Guppie que está moi gordiña...que pasará??? Xa vos iremos contando.

Acuario

Mais non todo foron cousas bonitas pois un día cando chegamos pola mañá atopamos a dous peixiños mortos. Puxémonos algo tristes e quixemos facerlles unha despedida en condicións e soterralos nun lugar lindo do cole: a carballeira.
Pero antes de levalo alí, quixemos aproveitar para ver como é un peixe por dentro. Observamos ben de preto as branquias (aprendemos ao longo do proceso que ese é o nome da parte dos peixes que lle serve para respirar debaixo da auga) e por un ratiño convertémonos en científicos explorando o corpo do animal por dentro...que mal ulía!!


 peixe

Estamos aínda co proxecto en marcha, seguimos a ter interese por decubrir cousiñas do MAR e con ganas de que o sol pronto nos acompañe para achegarnos ata......a praia!!! 
Xa veredes, xa. Seguide atentos ao blog!!

Os Dinosaurios quixemos experimentar coa auga de moi diversas maneiras.
Creamos o noso propio arco da vella, reproducimos unha parte do ciclo da auga, a que máis nos custaba entender... a evaporación e tamén xogamos coas cores descubrindo como se creaban o violeta ou o laranxa...
 A continuación deixámosvos  a presentación en Power Point que fixemos no ordenador na clase.. e por se o dubidábades... escribimos nós!
Mirade que ben nos quedou!!!

 

19 de mayo de 2015

Tamén cociñamos!

As nenas e nenos de 1º de EP saímos a facer a compra, cociñamos e servimos aos nosos compañeiros e compañeiras.
Coa colaboración dos papás e mamás buscamos receitas vexetarianas para poder escoller o 1º e 2º prato e a sobremesa.

Menú vexetariano
Crema de cabaza
Macarróns con mostaza
Empanada de mazá


Dividímonos en grupos para facer a lista da compra e fomos comprar ao supermercado Gadís que está no Ceao. 
No Gadis estaba esperándonos Teté e Loli.  Loli explicounos como tiñamos que alimentarnos de forma saudable, e os alimentos que podiamos tomar en máis ou menos cantidade. Logo amosounos as distintas seccións do super e o tipo de alimentos que podíamos atopar en cada unha.


foto 1
foto 2

O grupo da crema de cabaza encargámonos de mercar todo o necesario para facer unha boa crema. Percorremos distintas seccións,pero atopamos case todo na froitaría. Mercamos patacas, cabaza, cebolas... e anotamos os prezos.

foto 3

O segundo grupo mercamos os ingredientes necesarios para facer uns riquiiiisimos macarróns.
Tiñamos unha lista moi grande, e tivemos que buscar por todo o super.

foto 4


E faltábanos por mercar a sobremesa: empanada de mazá. Collemos fariña, fermento,e mazás e
canela.

foto 5


Por suposto, tivemos que pagar con diñeiro que levabamos e levar o tiket e as voltas.

foto 6
foto 7

Agora toca cociñar!!


foto 8
Facendo a masa para a empanada!
foto 9
Estiramos a masa
foto 10
Colocamos a mazá


foto 11
Uhh... deliciosa!!!
foto12
foto13
foto14

foto 15
Cortamos cenoria, cebola, ceboliño......


Toca servir ao resto de compañeiros e compañeiras

foto 16
foto 18
foto 17
foto 20



Bo proveito!!

















































15 de mayo de 2015

Semana da ciencia 2015: A auga e o chan

Encántanos investigar, experimentar e facer proxectos!! E o deste ano para a Semana da Ciencia foi especialmente divertido.  Este curso o proxecto interdisciplinar en Galén versou   sobre a auga e a nós, as nenas e nenos de 2º de Educación Primaria, tocounos a súa filtración no chan.
Despois de comprobar que os líquidos son absorbidos pola terra comezamos a facernos preguntas de que é o que pasa despois con eles. Vimos que non en todos os lados a succión  era igual de rápida e chegamos á conclusión que dependía dos materiais que conforman o chan. A partires de ai, e grazas a distinta bibliografía que trouxemos da casa, soubemos que hai ríos subterráneos de augas limpas que despois podemos extraer a través dos pozos.

foto 1
fotos 2
foto 3

Decidimos demostrar a filtración da auga cun experimento moi sinxelo e para elo precisamos dunhas botellas de plástico transparente e os seus tapóns, area,  grava miúda e grosa, carbón activo, e un pequeno algodón.
Na primeira botella  colocamos todos os elementos, na segunda omitimos o carbón activo e na última só botamos a grava. Recollemos auga con restos de terra, follas,... e  botámola en cada un dos recipientes. Concluímos que por cantas máis capas pasase a auga máis limpa aparecía.


foto 4

Gozamos moito explicando o noso experimento ás  compañeiras e compañeiros doutros cursos e tamén aprendendo e facendo preguntas sobre o que fixeron os outros grupos. 
Agardamos que o ano que ven sexa igual de fantástico!!