24 de marzo de 2015

A cociñar!!!!

A tarde dos luns é moi especial e moi divertida para todos os  nenos e nenas de infaltil e os nenos e nenas de 1º de Primaria pois é a tarde dos obradoiros.

Hoxe queremos contarvos o que fixemos este trimestre no obradoiro de cociña. Xa sabemos facer moitas cousas aínda que parezca que non, e si nos axudades un chisquiño na casa podemos facer cousas moi moi ricas e divertidas...

No cole fixemos batidos, probamos a facelos con xeado, iogur e froita,.... Preparamos todos os ingredientes, cortamos,mesturamos, batimos e fomos probando os diferentes sabores e texturas.

Algúns gustáronnos moitísimo e outros......  mirade, mirade como traballamos e como gozamos!!!


Cociña 8


Cociña 10


Cociña 11


Cociña 9


  Na seguinte volta todos e todas fixemos pizza que levamos cada quen  para merendar na casa.....Chegaría  algún anaquiño para probala???

 Fixemos a masa, estirámola, puxemoslle os ingredientes que quixemos e despois dun chisco de forno.... mmmmmm!!!!

 Estaba rica non si???

 Mirade  que ben o pasamos e que concentrados estabamos coa nosa pizza!!

Cociña 12


Cociña 4


Cociña 2


Cociña 1


Cociña 7


cociña 6


Cociña 5


Cociña 3


  Seguide moi atentos e atentas ao que imos facendo porque temos receitas moi apetitosas preparadas para as seguintes voltas. 

Bicos mil!!!

19 de marzo de 2015

Comedor Febreiro

Como todos os anos os papás e mamás de Infantil estades convidados a  unha visita moi especial para todos os nenos e nenas:  vir comer un día con nós ao noso comedor.

Ese día poñémonos moi nerviosos e estamos moi emocionados,  e todos e todas queremos contar moitas cousas.....  Supoñemos que  aos papás e mamás que aínda non viñestes  xa vos chegaría o recado de que tedes que vir comer.....

Aquí tedes ás priemiras familias  que se animaron a vir no mes de febreiro. Os de Adri e os de Alex. Contádenos.... ¿Qué tal o pasastes? Estaba todo moi rico verdade?


Comedor Alex


Comedor Adri


Lembrade  que tedes que avisar ás nosas profes do día que queredes vir para que non coincidamos varias familias  no comedor...

Así que animádevos... agardámosvos!!!

Bicos mil

17 de marzo de 2015

Cirurxía na aula!!

Hoxe foi un día moi especial na clase de 2º de E.P porque tivemos dúas mestras novas: Marina e Marta, as nais de Ángela e Isaac. 

cirurxía 1 
Canto saben de como é o noso corpo por dentro!! 

 Empezamos vestíndonos como cirurxáns, con luvas, calzas, máscaras e batas. Vimos e tocamos os bisturís que se usan nas operacións e comprobamos o moito que cortan, polo que andamos con moito coidadiño para non mancarnos. despois dispuxémonos a observar os pulmóns e o corazón dun tenreiro e o dun porquiño. 

 Fixemos moitas preguntas pero o que realmente desexabamos era poder tocar e comprobar como eran cando os diseccionabamos. Sorprendéronnos as súas texturas, formas, ..., e que tiñan un montón de tubiños por dentro. Uns máis grosos e duros e outros pequeniños e brandiños. Marina e Marta dixéronnos que iso dependía da función que tiñan que realizar. Por exemplo, as arterias eran máis grosas porque como levaban o sangue impulsado a maior distancia precisaba soportar maior presión e debían ser máis fortes.

cirurxía 2
  cirurxía 3 cirurxía 4

Vimos os bronquios, as válvulas do corazón, que son catro, e que fan como billas do sangue que a deixan avanzar pero non lle permiten retroceder . Tamén falamos doutros seres vivos que teñen igual que nós corazón e pulmóns. Ben, igual igual non, porque unha balea azul ten un corazón que pode pesar ata 600 kg!! e o noso tan só 300 gr. 

Teríamos moito máis que contarvos pero iso o imos reservar para casa. Ides quedar abraiados, xa veredes!!

16 de marzo de 2015

Sementar, sementarei... !!!

As nenas e nenos do obradoiro de horto estamos moi atarefados, achégase a primavera e hai que empezar a preparar os semilleiros para o horto e o invernadoiro.
Comezamos polos tomates, vimos que dentro dos que comemos na ensalada hai sementes e que se as deixamos na terra nacerá unha planta de tomate. Pero tamén se poden mercar, que foi o que fixemos nós.  Sementamos tres variedades: cherry, de ramillete e raf.
Necesitamos, terra, auga e as sementes. Xa temos todo... estamos preparadas!

tomates 1

Enchemos de terra os semilleiros e botámoslle auga, as sementes precisan humidade para xermolar,  e despois co dedo fixemos un furadiño para meterlas  alí ... bueno algúns metemos máis de dúas, e de tres, e de catro....!

tomates 2
tomates 3
tomates 4
tomates 5
tomates 6
tomates 9
tomates 10
tomates 11
tomates 12
tomates 13
tomates 14
tomates 15

Algunhas nenas e nenos fixemos a sementeira na aula porque chovía e facía moito frío para saír fóra, pero o último grupo puidemos ir ao horto, estaba un día estupendo. Canto gozamos!!

Unha vez rematado este priemiro traballo colocámolos no peitoril da ventá para que lle dea o sol. Temos que estar moi pendentes para regalos e non deixar que se seque a terra. Cando medren transplantarémolos no invernadoiro para que sigan medrando e nos dean algún tomatiño.... para a ensalada, ou para a salsa de tomate duns macarróns. Mmmmm... que ricos!!!!

Xa vos seguiremos contando!!!!









13 de marzo de 2015

8 ;Marzo, día da Muller

Estas dúas semanas, a de antes e a de despois do día Internacional da Muller, estivemos a refñexionar a partires de difernetes contos, xogos, reflexións nas asembleas...ao redor do papel da Muller nas nosas vidas, a visión que temos da corresponsabilidade ns tarefas cotiás, os xogos e estereotipos que rodean ás nenas polo feito de selo, as diferencias entre xéneros e saíron cousas moi interesantes.
E esto que vos amosamos é unha parte deste proceso dende Infantil ata 2º EP.


Os nenos e nenas de 1º e 2º EI estabamos co rpoxecto sobre o corpo polo que estivemos a observar as diferencias físicas entre homes e mulleres, nenos e nenas e estivemos falando de quen era para cada un de nós a muller máis importante na nosa vida. E...sen ningunha dúbida, para todos nós é a nosa mamá.
Así que, conectado co proxecto do corpo fixemos ás nosas mamás en plastilina con aquelas cousas que caracterizan o seu corpo e ademais acompañámolo dunha tarxetiña na que escribimos "Mamá a muller máis importante, 8 de marzo". Que vos aprecen??


muller corpo 1 muller corpo 2 muller corpo 4 muller corpo 5 muller corpo 6 

As nenas e nenos de 3º EI centramos a nosa reflexión nas tarefas da casa, intentando plasmar a nosa visión de como están repartidas nun debuxo. E despois de expoñer na asemblea as nosas ideas e pensamentos acordamos cada unha de nós escribir frases coma as que vedes abaixo:
muller 3º -3 muller 3º-1 muller 3º-2 muller 3º-2 muller 3º-4 muller 3º-5 muller 3º-6 muller 3º-7

En 1º EP escollemos ás mulleres que nos fan sentir ben, ás importantes para nós, e fixemos unha descrición delas e do por que as escollemos. Como vedes escribimos moito e nos esforzamos moitísimo pois a ocasión o merecía non si?

muller 1º -3 muller 1º.5 muller 1º-1 muller 1º-2 muller 1º-4 

Canto gozamos celebrando o 8 de Marzo!!! En 2º EP falamos moito sobre as profesións e chegamos á conclusión de que elas, por se, non teñen xénero. O bo resultado do seu exercicio depende tan só das gañas, o interese e o cariño co que nos esforcemos, homes e mulleres, para desempeñalo.

Tamén traballamos o respecto aos nosos soños e as nosas metas e para elo apoiámonos no conto “Clementina e Arturo”, dúas tartarugas que comezan andaina xuntas pero que o seu xeito de compartir e de facerse feliz  non coincidía.
Planificamos o noso final do conto e fixemos preciosos debuxos para ilustralo. Houbo viaxes, tartarugas revoltosas, grandes historias de descubrimentos e moitas, moitas doses de ilusión e imaxinación.
Témolo todo exposto no corredor central do Cole, convidámosvos a que o veñades ver e agardamos que os guste tanto como a nós facelo.



ArtuClementina1 ArtuClementina ArtuClementina 3 ArtrClementina 2

Ademais destes traballos estas semanas especialmente escollemos lecturas que nos fixesen pensar e replantexarnos moitas cousas como "Olivia y las princesas", "Hay algo más aburrido que una princesa rosa?", "Las princesas también usan botas de montaña" o "Las princesas también se tiran pedos" (este último encantounos) e concluímos a través deles que AS NENAS PODEMOS ESCOLLER O QUE QUEREMOS SER E COMO QUEREMOS ACTUAR, que ser nena non quere dicir asumir roles predeterminados nin ser todas iguais.

E aínda que xa pasou o día....feliz día da Muller a todas!!!