29 de enero de 2015

ROBBY & PATCH AT GABRIELA'S HOUSE!

Xa estamos de volta!

E con novas que contar e compartir con todos vós.
 Como vedes, estivemos na casa de Gabriela e a súa familia hai uns días, e pasámolo superxenial.!!!
Ao pouco de chegar, e gardadiños  da choiva, contámonos cousiñas do día nun recuncho especial. Depois, démonos un baño quentiño e dispuxémonos para xogar con Gabriela e Hernán, querernos moito moito, coñecer aos moitos amiguiños da nosa anfitriona e logo ler un conto antes de  durmir. Foi un día espléndido!
Moitas grazas á nosa amiguiña e á súa familia.

See you soon!


1. How was your day?

2. In the bath

3. Playtime

4. All you need is love

5. Let's read a book

6. Let's go to sleep

27 de enero de 2015

ROBBY & PATCH AT AROA'S HOUSE!

Hello everyone!

Aquí estamos de novo e esta vez para amosar a aventura que vivimos Robby e Patch na casa de Aroa esta semana.
Saímos do cole e marchamos para a súa casa onde xogamos, rimos, comemos, escoitamos música, montamos en bici, voamos... e o máis importante, sentímonos moi queridos por Aroa e a súa familia. Foi un día espléndido, e dándolles as grazas a quen nos acolleu, despedímonos ata a seguinte con fotos do marabilloso día que vivimos, para así compartir con todos vós esta experiencia. 


1. Say hello Robby

2. Record Patch

3. 5 minutes more, please!

5. Playing, learning, flying...

6. Riding a bike

7. Friendship

8. Time to sleep

20 de enero de 2015

ROBBY & PATCH AT ANA'S HOUSE!

Boas queridos e queridas!

Outro ano máis, Robby e Patch voltamos para percorrer unha nova aventura, e así coñecérmonos mellor e pasar un día xuntos en familia compartindo con vós tarefas, lecer, e todo canto queirades e nos deixedes. Este ano contamos coa novidade de que imos Robby e Patch xuntos, porque sempre nos e vos contamos e compartimos as nosas experiencias, pero ocorreusenos ir xuntos e ala... listo!

   Estamos superansiosos e con moitas gañas de gozar con todos vós, grandes e pequenos, desta fabulosa e tan querida experiencia. 

     Como non podía ser menos, Ana, a nosa profe e amiga, levounos un día á súa casa e fixemos unha morea de cousas, coma sempre. Primero fomos mercar unhas flores e mentress ela preparaba o xantar, nós preparámoslle uns bonitos e sinxelos floreiros cos  que  sorprendela.
E despois de xantar...a recoller. Entre tanta emoción chegou un amiguiño que se chama Smack, un peluche moi simpático e gracioso, pero confuso porque quere ser moitas cousiñas pero non ten claro o que: "que si cocodrilo; non, mellor loro; ai, case mellor coello; non, non, non, non, xa sei, que tal un coelorodrilo?; ai como cansa isto, case mellor son eu, que tamén estou e son xenial!". Bueno, que ao final, acabamos por nos caracterizar todos e foi superdivertidisísimo, tanto é así que xogamos unha miguiña coa pelota e ao pouco tivemos que durmir unha pequena sesta para recuperarmos forzas. Aínda quedaba moito día por diante!!

      Unha vez marchou Smack, marchamos con Ana a mercar pintura para unha habitación que polo de agora está de laranxa. Como sabedes está felizmente embarazada e agora dalle por querer pintar. De todo o posible, entre todos escollemos pintar e logo poñer unhas pegatinas decorativas. Unha vez pagamos, marchamos correndo e fomos con ela a clase de Pilates prenatal, onde o pasamos de marabilla.
Despois ...a cear!!. Ana tiña fame e antoxo de sushi, así que fomos a un lugar onde sirven comida xaponesa, e probamos por primeira vez unha comida, para nós deliciosa. Ao rematar, e para facilitar a dixestión, voltamos para a casa dando un paseo e nada máis chegar á casa caemos rendidos. Foi un día espléndido e que queremos compartir con vós. Esperamos que vos guste!

       Vémonos moi pronto!


1. Florist



2. Lunchtime


3. Surprise


4. Smacktime


5. Choosing paint colour


6. Pilates class


7. Yummy sushi


18 de enero de 2015

Aniversarios decembro 14


Voltamos das vacacións con moitas forzas e ganas de facer, descubrir e seguir aprendendo pero antes queremos compartir con vós as fotos dos nenos que cumpliron anos en Decembro e do noso compañeiro Robby!

Cumples Decembro

Cumple Decembro Robby