24 de diciembre de 2014

Andando a Terra

Os profesionais do audiovisual que colaboran neste fermoso proxecto  están a traballar con moita ilusión para que poidamos revivir a través das imaxes a emotiva tarde que compartimos o pasado martes 16 de decembro.
Foi un proxecto que nos enriqueceu a grandes e pequenos con un final espectacular con Uxía e a súa banda no escenario e todos os nenos e nenas do cole dende os máis pequechos ata os grandes de bacharelato. Un proxecto cheo de aprendizaxes, de momentos cargados de emotividade, unha homenaxe ao gran poeta lucense Manuel María, unha homenaxe á nosa cultura e á nosa lingua.

Grazas a todas e todos os os que fixestes  que este soño se fixese realidade!!!

Para ir abrindo boca aquí vos deixamos dúas fotiños dos moradores deste blog, os nenos e nenas de EI e 1º Ciclo de primaria.

22 de diciembre de 2014

Chegou o Nadal.

Chegou o inverno e con el o frío e....as festas de Nadal!!

Para rematar o trimestre estivemos a preparar as bolsiñas nas que levar os traballiños á casa. Como xa sabedes, gústanos facer todo con material de refugallo e poder así reducir resíduos. Nesta ocasión quixemos darlle unha segunda vida a esas camisetas xa algo velliñas que andan polos armarios das mamás e dos papás. Un pouco de tinte e imaxinación fan delas unhas bolsas do máis chulis.

tinguido

 Tamén na mesma liña facemos cada ano un xoguete ou xogo sen necesidade de mercar nada.
xoguete
Este ano os protagonistas foron os tubos de papel hixiénico. Con eles os nenos e nenas da clase dos caracois fixemos este xogo matemático no que se tratar de asociar cada grafía coa súa cantidade (de pauiños). Na clase dos dinosaurios  fixemos catalexos e prismáticos. Chulos, non si?  
Os últimos días do cole foron tamén moi especiais: o chocolate con churros, a elaboración de postais para meter por debaixo das portas dos compañeiros e compañeiras, os cantos de aguinaldo e como non.....A VISITA DO APALPADOR E OS REIS MAGOS DE ORIENTE!!! 

Adornos para a  árbore e postais

postais
  
churros
 Enchendo as barriguiñas para que o Apalpador mire como estamos de mantidos  

 Así...así esteades todo o ano.... dixo o Apalpabarrigas que veu no coche de liña dende as montañas do Courel como cada ano a visitarnos.

Apalpador
  
 As súas Maxestades....

Reis 1
Reis 2

Este fin de trimestre ademais foi un chisco máis especial pois como sabedes fixemos o espectáculo "Andando a Terra" con Uxía Senlle no escenario do Auditorio Gustavo Freire.
Os profesionais do audiovisual están a traballar a reo para que pronto poidamos ver as fotos e a gravación do espectáculo. 
Mentres tanto...que gocedes das vacacións e que teñades un bo Nadal e unha fantástica entrada do novo ano.

Biquiños!!!

18 de diciembre de 2014

ROBBY RABBIT'S 5th BIRTHDAY!

Hi everyone!

Hai unhas semanas foi o meu 5º aniversario e quíxeno celebrar cos nenos e nenas da clase dos Dinosaurios. Para elo, primeiro fixen unha torta de chocolate e laranxa coa miña madriña: Marina, unha nena marabillosa de 6 anos, que é ademais a afillada de Ana. Isto foi o domingo pola noite, e ao día seguinte, luns, celebrámolo en clase como o fan o resto de nenos e nenas. 

Aquí vos deixo un vídeo coa receita da torta e como me felicitan os Dinosaaauuuurios! 


17 de diciembre de 2014

Concerto Nadal



Horario saída 19 decembro e apertura Nadal.

Os grupos de Educación Infantil, de 1º a 6º EP e 1º e 2º ESO rematan as clases ás 13.00.
3ºe 4º ESO e Bacharelato rematan as clases ás 13.15.

O autobús iniciará a rota de saída ás 13.15.

Aniversarios de Novembro


Olaaa, o mes de novembro xa rematou pero queremos compartir con vós as fotos dos nenos e nenas que cumpriron anos neste mes así pois... aí van!!!

Cumples Novembro
 

12 de diciembre de 2014

Últimas entradas Andando a Terra

Pódense recoller as últimas entradas dispoñibles na nosa oficina do Campo Castelo, o vindeiro luns 15 de decembro entre as 18.15 e as 20.15.

Últimos detalles Andando a Terrra

Luns 15 de decembro

A saída de todo o alumnado do Centro realizarase ás 18.00 dende o Auditorio, haberá servizo de transporte para o alumnado que o usa habitualmente.

Martes 16 de decembro

Debedes recoller ao vosos fillos e fillas do seguinte xeito:

a) 3º e 4º ESO e 1º e 2º BAC ás 14.20.

b) Ed. Infantil e Ed. Primaria ás 15.10.

Haberá servizo de transporte para os que o usen habitualmente ás 15.10.

10 de diciembre de 2014

Entradas Andando a Terra

Ampliamos o prazo de recollida de entradas ata mañá xoves ás 13.30. Lembrade que se non a recolledes a entrada quedará a libre disposición do Centro.

9 de diciembre de 2014

Andando a Terra


Martes 16 de decembro ás 18.00

Un ano máis, estamos mergullados nun Proxecto interdisciplinar no que participa todo o Centro. A figura de Manuel María serve de eixo vertebrador para un traballo en equipo que representa o espírito do noso proxecto educativo, un traballo colaborativo onde toda a comunidade que forma Galén participa facendo ao alumnado centro dun espectáculo único, irrepetible e propio que os faga sentirse protagonistas de algo máxico.
Manuel  María é un poeta lugués que recolle na súa poesía unha temática moi ampla: o intimismo, o compromiso social, a paisaxe galega, a xente e a vida cotiá da nosa terra, cunha linguaxe  e recursos literarios que nos permiten traballar con nenos e nenas de todas as idades. É un poeta rural e urbano, cosmopolita a un tempo,  que nos achega a unha realidade galega, ás veces, non tan próxima como nós cremos. É un home do noso tempo que aborda temas universais dende un punto de vista cercano e actual.
A proposta escénica parte dun espectáculo musical que Uxía Senlle, colaboradora nesta aventura artística, concibe ao redor da obra do escritor chairego recollida en Andando a terra, título do disco que se publicou xunto co libro Os lonxes do solpor, no ano 2012.
Con ela e a súa banda compartiremos escenario  todo o alumnado do Centro, de Educación Infantil a Bacharelato. Ata ese día traballaremos a figura de Manuel María nas súas múltiples caras a través de obradoiros, saídas e investigacións vencelladas ás diferentes áreas curriculares que plasmaremos en traballos de diverso formato que expoñeremos eses mesmos días.
Este noso Andando a terra é posible grazas á colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo e á Área de Cultura do Concello de Lugo.
Xunto con estas institucións colaboran con nós:  A Fundación TIC,  Escola de Imaxe e Son; a Fundación Manuel María de Estudos Galegos, Cafés Las Candelas, Espazo Escénico 10, Proxecto Danza, Fernando Rois Carroceda, bailarín e alumno do Centro; Teresa Nery, bailarina e coreógrafa; Isabel Sánchez e Marga Portomeñe, actrices;  Isidoro Rodríguez Pérez, Berta Sánchez Pérez e  Sila Cela Ferreiro, ex-alumna e fotógrafa.
A estrea deste espectáculo terá lugar no Auditorio Gustavo Freire o día 16 de decembro pola tarde.
Agardamos contar con todas as nais e pais do alumnado do Centro e, tamén, con todas as persoas interesadas en presenciar un espectáculo distinto ao redor da figura dun dos poetas senlleiros da nosa literatura.
Enlaces de interese, se algún non funcionase podes pegalo no teu navegador:
https://www.spotify.com/es/