26 de noviembre de 2014

Nuria e os caracois


Ola a todos e todas!
 A Clase dos Dinosaurios queremos compartir con vós as imaxes da visita de Nuria, a mamá de Antía, que colaborou connosco no Proxecto dos Caracois que actualmente estamos a levar a cabo. Coma todas as visitas de pais e nais, foi moi interesante e especial... e aprendemos moitííísimo xa que veu moi moi preparada e como di Antía: "A miña  sabe moooooito  de animais"!!! 

Nós xa sabiamos unhas cantas cousiñas sobre os caracois: que non teñen ósos, que son hervíboros, algunhas partes do seu corpo e para que serven... pero agora somos grandes expertos en caracois! Veredes..
Os caracois teñen: pulmón, corazón, pé (para andar, claro!), cabeza, tentáculos (nos longos están os seus ollos e os curtos son os seus brazos e nariz!), e tamén teñen aparello reprodutor aínda que un tanto especial porque son hermafroditas... menuda palabra! Menos mal que estivemos moi atentos e vos podemos explicar o que significa: pois quere dicir que cada un deles é macho e femia ao mesmo tempo!!!
E para poder comprender mellor todo isto que Nuria nos contaba axudounos moito unha maqueta dun caracol enoooorme no que puidemos ver en tamaño máis grande que ao natural o que estabamos a descubrir.

Visita Nuria 3

A ver a ver... pregunta! Os caracois teñen dentes? Vós que pensades? Pois sí, pero o que máis nos abraiou foi onde teñen os dentes, na lingua!!! A verdade é que son uns animais moi pequechiños pero están cheeeeos de sorpresas.

Visita Nuria 1

Estades a ver caracois neste tempo? A que non? É que nesta época do ano xa non podemos ver caracois porque hibernan, é dicir, métense na súa cuncha ata que fai menos frío e chove, que é o que a eles lles gusta (sen estar húmidos non poderían vivir), e cada vez que saen da hibernación e comen medran un pouquiño, é por isto que podemos ver nas súas cunchas varias raias de cores distintas, cada unha correspóndelle a unha hibernación! Nuria contou ao longo da súa visita coa inestimable colaboración de Antía, aquí vos amosamos o ben que nos explicaban como medra a cuncha...

Visita Nuria 2

Como vedes os caracois están cheos de curiosidades e nós gozamos moitísimo descubríndoas con Nuria. Dende aquí darlle mil grazas por conseguir que aprendesemos moitísimo ao tempo que  nos divertimos!!!

Estas son algunhas das cousiñas que aprendemos sobre estes animais e se queredes ver que máis fixemos nós e algúns compañeiros e compañeiras do cole animámosvos a que veñades á exposición que presentaremos no Auditorio Gustavo Freire o 16 de decembro e que complementa un Gran Concerto en homenaxe ao escritor Manuel María... e sí, como ben imaxinades nós traballamos un poema sobre os caracois!
 Biquiños enoooormes da Clase dos Dinosaurios!

18 de noviembre de 2014

HaLLoWeeeEeeN ...

   Boas a todos e todas!

Como sabedes hai pouco foi Halloween e este ano, como todos os anteriores, celebrámolo por todo o alto. Despois de semanas de preparación, especialmente na aprendizaxe das cancións e respectivas coreografías, chegou o día e pasámolo repipa.

   Tamén tivemos a sorte de contar con moitas mamás e papás dos nenos e nenas de infantil e 1º e 2º de primaria no obradoiro de decoración de cabazas. Houbo moitos artistas por aquí!!

   O día da festa os que estamos xa en primaria comezamos a xornada  disfrazados xa dende a  casa. Pouco despois de chegar, viñeron os compañeiros e compañeiras  de 4º da E.S.O. a maquillarnos. Foron moi  xeitosos pois quedamos espléndidos, ou mellor dito, terroríficos...
Logo tivemos o recreo como todos os días, e despois... ESPECTÁCULOOOO!

  Presentaron con moito arte e moi boa pronuncia  Helena e Antón, de 3º da E.S.O,  Actuamos os grupos dende 1º EP ata 3º ESO e foi  verdadeiramente fabuloso....un éxito!

   Despois  voltamos á clase e fixemos o Trick or treat e.... conseguimos as nosas chuches!!!

   Cando rematamos o espeluznante e delicioso xantar, tivemos as nosas actividades extraescolares e recreo correspondentes e xa pola tarde visionamos diferentes películas. Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria vimos "Alice in Wonderland" de Tim Burton. 

   Por outra banda, os máis pequechos e pequechas celebramos a nosa particular festa pola tarde na aula de música despois de facer o Trick or treat para conseguir as nosas chuches que comemos vendo a nosa película de Halloween "Scary Godmother Halloween Spooktacular", un corto en debuxos animados.
Na festa cada grupo  interpretou  a súa canción e....para que enganarvos....saíunos xenial!! Foi un día diferente, como case todos en Galén.

  Aquí tendes as fotos do obradoiro das cabazas, un vídeo do primeiro ciclo de primaria e a continuación o vídeo de infantil. Esperamos que vos gusten!

   See you soon!


Halloween craft 1

Halloween craft 2

Halloween craft 3

Halloween craft 4

Halloween craft 5

Halloween craft 6

Halloween craft 7

Halloween craft 8

Halloween craft 9

Halloween craft 10

Halloween craft 11

Halloween craft 12










9 de noviembre de 2014

Cumples Outubro


Ola a todos e todas!
Xa pasou o mes de Outubro no que, ademais de realizar moitas actividades e proxectos, festexamos os aniversarios dos nenos e nenas que cumpliron neste mes... mirade que maiores estamos!!!

Cumples Outubro 14
 

1 de noviembre de 2014

Estadía de Outono 1º EP


Como xa sabedes os nenos e nenas de 1º EP hai uns días vivimos unhas xornadas do máis especiais participando na estadía de outono no cole xunto coa Aula da Natureza Trevia. Foron tres días e dúas noites de moitas emocións e moitos descubrimentos na natureza. Contámosvos como foi:

O primeiro día viñeron darnos a benvida a Becada e a Pita do Monte e contáronnos como  vivían nos montes de Galicia.
foto 1



foto 2



Antes de saír ao bosque recollemos alguhas castañas, que o magosto está á volta da esquina!


foto 3



Xa estabamos preparadas e preparados para gozar  das experiencias que iamos vivir no bosque. 
Ollos e oídos ben abertos…...comeza o espectáculo!!

foto 4
orellas de gato...
foto 7
niños..
foto 8
piñas picadas polo peto...
foto 9
foto 10
foto 11
cráneo de cervo..
foto 12
unha parella de vacaloura.. 


Pola tarde participamos nunha xincana. Canta enerxía posta na  busca de pistas e tratando de resolvelas!
foto 13
foto 14
foto 15




Aínda nos quedaba un obradoiro de cociña con Ana e Alicia onde preparamos unhas madalenas deliciosas. E para rematar o día,  unha festa con fogueira e músicos.

foto 32
festa!!


Hora de levantarse!!! hoxe é un novo día de aventuras!!! vestirse, almorzar e asearse para saír de viaxe cara Avifauna!!

foto 16
Que ben durmimos!!


Cando chegamos a Avifauna agradábanos Jose que nos presentou aos habitantes do lugar: un casuario, cisnes de pescozo negro, faisáns, flamencos.... e unha cacatúa, que moito nos fixo rir!

foto 17

foto 34


foto 35
Cantas aves!!


 E despois dunha mañá tan aproveitada necesitabamos un bo xantar. Ademais de repoñer forzas puidemos xogar moito en Penas de Rodas. Aquelas pedras deron moito moito xogo.

foto 18

foto 22

foto 23
Empuxade forte, a ver se a tiramos!!
foto 20
Unha, dúas, tres.. baixamos!
foto 21
Fantástica!!

No obradoiro da tarde realizamos un círculo cromático con Ánxela e Conchi.

círculo


Bueno…quedarianos alguna cousa que contar….. no cole hai Trasnos!! pero non vos podemos contar nada porque é un segredo!! Se non o credes preguntádelle a Mar e Ana.

Xa non nos quedaba enerxía máis que para ver unha película….e a durmió!!

Iniciamos o último día, despois dun bo almorzo, e con todo o que aprendemos estes días estabamos preparadas e preparados para responder as preguntas que nos facían naquel libriño.  

foto 24


 E saímos ao bosque de novo, esta vez para observar os animais máis pequenos que viven cerca de nós e que só podemos ver se agardamos   pacientemente a que saian das súas casas.

foto 25
foto 26
foto 28
foto 27
foto 29
foto 30
foto 31



  

foto 33

E rematamos a estadía!!! Pasámolo moi ben e gozamos moito, aínda que botamos de menos aos nenos que non puideron estar con nós e a Elia.

E vós familias….como o vivístedes??? Veña contádenos!!!!