26 de octubre de 2014

O Outono en Navallos

O luns foi un día moi divertido e cheíño de sorpresas para a clase dos caracois e a clase dos dinosaurios!!
Foi a nosa primeira saída deste curso, e para algúns nenos e nenas a primeira viaxe no bus. Non sabedes que ben se ven as cousas dende aí arriba!!!!
Navallos é a aldea onde vive Lúa, da clase dos caracois e a súa familia. Cando chegamos,moi emocionados e emocionadas, estaban esperandonos Uxía, David e Ío con un montón de sorpresas para nós.
Antes de nada e para coller forzas almorzamos para ir a recoller os froitos do outono. Despois David levounos por prados e bosques marabillosos nos que atopamos moitas cousas... Xa vedes no video  que cogumelos máis grandes. Ademais recollimos mazás, noces, unhas flores que se chaman "quitamerendas" e a que non sabedes por que??. Nós si, preguntade preguntade.

Con todo eso nas nosas cestas voltamos á casa e coa axuda de David prendemos o forno de pedra que teñen na casa.....porque  iamos facer pan!!!!!  Menuda sorpresa!! Cada un de nós fixo o seu boliño e o metimos no forno!!! Probástelo  verdade?  Estaba boísimo....
Tamén fixemos unha empanada coas mazás que recolleramos  no paseo. MMMMMMMMMM... non sabedes o riquísima que estaba!! Foi a nosa sobremesa do xantar!!!
Antes de comer aínda nos agardaba unha cousa máis: saímos da casa de Lúa e fomos ata a casa da súa veciña Amparo que nos quería amosar un xatiño que nacera dous días antes,... Había moitos animais.... vacas, varios xatos, cabras, cans, galiñas,..... Cantas cousas que ver!!!!
E por fin chegou a hora de comer,.... tiñamos moita fame despois dunha mañá moi intensa e cando rematamos chegou a hora de xogar un pouco e de celebrar unha pequena festa. David e Uxía sacaron os seus instrumentos e tocaron un ratiño para nós. Pasámolo xenial!! Bailamos, cantamos,.....
E... chegou a hora de voltar ao cole!!! Estabamos moi cansos e cansas pero foi un día marabilloso no que gozamos moito da natureza nesta fermosísima estación do ano e da familia de Lúa.
Moitísimas grazas por todo Uxía e David  foi un día inesquecible!!!!!
E recordade que para nós son moi importantes as vosas colaboracións e que nos encanta compartir momentos especiais canda vós....
Así que.....FAMILIAS.... ide pensando que podedes vir facer con nós. Esperámosvos!!!
Bicos Mil.


23 de octubre de 2014

Segundo día de Estadía

Hoxe foi un día moi, moi longo. Pola mañá estivemos en Avifauna, cantas aves...! Fomos comer e xogar a Penas de Rodas e á volta seguimos as actividades que nos tiñan preparadas no cole.
 Unha boa peli para relaxarnos e á camiña, que mañá é outro día!


PicMonkey Collage
Pasámolo xenial!!

Primeiro día na Estadía de Outono

Os nenos e nenas de 1º EP estamos a vivir, dende onte Mércores, unha experiencia fantástica cos nosos compañeiros e compañeiras, unha auténtica aventura de descubrimento da natureza nesta fermosísma estación do ano que tingue de cores o bosque e nos regala tantas cousiñas!!

Grazas a Elia e á Aula de Natureza Trevia estamos a aprender moitísimas cousas sobre os animais e as plantas e.....bueno, non vos imos contar máis de momento pois cando remate a estadía teredes aquí e no blog de Trevia unha entradiña mooooito máis longa con fotiños e contándovos moito máis.


Estadía 1


Hoxe queriamos contarvos ás familias que estamos ben, que o día de onte foi moi moi intenso e que pola noite, despois de recuperar forzas coa cea e de bailar ao redor do lume, fomos á cama moi contentos e contentas e con mooooooito sono. Así que durmimos xenial, toda a noite sen espertar nadiña ningún de nós.

Agora estamos en Avifauna descubrindo os segredos das aves e.......xa vos seguiremos a contar!!!

Moitos biquiños a todas e todos!!! 


22 de octubre de 2014

Emerxenciaaaa!!!!

Ola a todos e todas!
A semana pasada foi moi especial para nós xa que realizamos un simulacro de incendio, como se dunha rodaxe de cine se tratase que nos permitíu coñecer dende moi pretiño ao persoal de emerxencias e os seus vehículos.

Ben cediño chegaron membros dos equipos de: Ambulancia, Hospital de campaña, Policía Local, Policía Nacional, Protección Civil e Bombeiros e puxéronse a preparar todo o que nos querían amosar! 
En infantil estábamos xa moi nerviosos... escoitabamos sereas, mirabamos pola fiestra.... A emoción foi aumentando até que por fin nos avisaron de que podiamos salir!
A nosa primeira parada foi nas ambulacias que estiveron á nosa disposició:  puidemos subir na parte de atrás e ver o material que alí teñen  que empregan para curar á xente que está maliña. Tamén nos sentamos diante, fixemos que conduciamos e ate fixemos soar a serea,.. pero será mellor que o vexades vós mesmos!
Simulacro 1

Despois  tocou visita a un Hospital de campaña que montaron na pist no que puidemos ver   o material que empregan,  para que serve e investigar un pouquiño pola tenda ata que a nosa curiosidade quedou satisfeita.


Simulacro 2

Seguimos o percorrido e chegamos aos coches e motos da Policía Local e Nacional nos que tamén tivemos a sorte de poder subirnos e tocar as sereas, probar os cascos e facer algunha pregunta aos policías que alí estaban. Mirade que cariñas de ledicia tiñamos! 

Simulacro 3

E por suposto puidemos subirnos á lancha de Protección Civil e xogar a...pescar!!

No final do percorrido  atopámonos cos  bombeiros que nos foron contando que cousas levan no camión e para que serven, como por exemplo unha mochila con osíxeno para poderen respirar mentres están a apagar un incendio... ou os cascos que lles permiten ver mellor e que ao tempo os protexen e... sí, como ben estaredes a imaxinar tamén nos subimos no camión de bombeiros!!! 

Simulacro 4


Simulacro 5

Todos e todas foron moi atentos e amables con nós e fixeron do luns un día mi divertido, entretido e emocionante! 
Grazas pola vosa visita foi un pracer!!

20 de octubre de 2014

SPOOKY SPOOKY - Canción de Halloween de 2º de E.P.


E aquí a canción que cantaremos en  2º de Primaria na festa de Halloween. Tamén vos animamos a que vos cuestionedes que é realmente a vergoña e para que serve. Seguro que deixala de lado un cacho mentres cantamos xuntos  esta canción  vos fai pasar un ratiño entretido e divertido, así que... quen dixo vergoña?



Spooky, spooky, very spooky
Oh, no! It’s a monster
Spooky, spooky, very spooky
What’s that? It’s a witch
Spooky, spooky, very spooky
Watch out! It’s a vampire
Spooky, spooky, very spooky
What’s that? It’s a ghost

Spooky things doing the spooky dance
Spooky things doing the spooky dance.
Ahhhh… Wooooooh…
What kind of spooky thing are you?
Ahhhh… Wooooooh…
What kind of spooky thing are you?

Spooky, spooky, very spooky
Oh, no! It’s a black cat
Spooky, spooky, very spooky
What’s that? It’s a spider
Spooky, spooky, very spooky
It’s a Jack-o’-Lantern
Spooky, spooky, very spooky
What’s that? It’s a skeleton

Spooky things doing the spooky dance
Spooky things doing the spooky dance.
Ahhhh… Wooooooh…
What kind of spooky thing are you?
Ahhhh… Wooooooh…
What kind of spooky thing are you?

Spooky spooky, very spooky.
Spooky spooky, very spooky.
Spooky spooky, very spooky.
Happy Halloween!
Happy Halloween!




FIVE CREEPY SPIDERS - Canción de Halloween de 1º de E.P.

Aquí vos queda a canción dos nenos e nenas de 1º de Educación Primaria.
O primeiro paso pode ser que vos ensinemos nós a vós a letra e incluso pronunciacón para despois poder cantar xuntos e compartir o momento!!
. De seguro que pasades un bo momento xuntos e  promete ser divertido.




Five creepy spiders. Five creepy spiders. 
See how they crawl. See how they crawl. 
Crawl crawl crawl. 
Crawl crawl crawl. 
Crawl crawl crawl. 
Five creepy spiders. 

Four bony skeletons. Four bony skeletons. 
See how they dance. See how they dance. 
Dance. Dance. Dance. 
Dance. Dance. Dance. 
Dance. Dance. Dance. 
Four bony skeletons. 

Three black cats. Three black cats.
See how they run. See how they run. 
Run. Run. Run. 
Run. Run. Run. 
Run. Run. Run. 
Three black cats. 

Two wicked witches. Two wicked witches. 
See how they fly. See how they fly. 
Fly. Fly. Fly.
Fly. Fly. Fly.
Fly. Fly. Fly.
Two wicked witches.


One white ghost. One white ghost.
See how he haunts. See how he haunts. 

Woooooooo..BOO! 
Woooooooo..BOO! 
Woooooooo..BOO!
One white ghost.


Happy Halloween.
Happy Halloween.
Happy Halloween.
Happy Halloween.
Spiders, skeletons, cats, and ghosts. 

Spiders, skeletons, cats, and ghosts. 
Spiders, skeletons, cats, and ghosts. 
Happy Halloween.
Happy Halloween. 

KNOCK KNOCK, TRICK OR TREAT? - Canción de Halloween 3º de E.I.



Aquí vos deixamos a canción da aula dos dinosaurs!
Animámosvos a cantala con nós  ou mesmo podedes agardar a  que vola ensinemos  para poder cantala... Xa sabedes, vergoña fóra!



Knock knock. Trick or treat? Who are you?
I’m a ghost. I’m a little ghost. 

Knock knock. Trick or treat? Who are you?
I’m a ghost. I’m a little ghost. 

(Oooooh... Oooooh...)

Knock knock. Trick or treat? Who are you?
I’m a cowboy. I’m a little cowboy. 

Knock knock. Trick or treat? Who are you?
I’m a cowboy. I’m a little cowboy. 

(Yiiiiihaaaaa...)

Knock knock. Trick or treat? Who are you?
I’m a witch. I’m a little witch. 

Knock knock. Trick or treat? Who are you?
I’m a witch. I’m a little witch. 

(Eeee hee hee hee heeee...)

Knock knock. Trick or treat? Who are you?
I’m a monster. I’m a little monster. 

Knock knock. Trick or treat? Who are you?
I’m a monster. I’m a little monster. 

(Ooaarrgg...)

Knock knock. Trick or treat? Who are you?
I’m a ballerina. A little ballerina. 

Knock knock. Trick or treat? Who are you?
I’m a ballerina. A little ballerina. 


(Ballerina dance)

Knock knock. Trick or treat? Who are you?
I’m a pirate. I’m a little pirate.
Knock knock. Trick or treat? Who are you?
I’m a pirate. I’m a little pirate.


(Ahoy!... Aarrrh!)


Knock knock. Trick or treat?
Happy Halloween. Happy Halloween. 

Knock knock. Trick or treat?
Happy Halloween. Happy Halloween. 



19 de octubre de 2014

GO AWAY! - Canción de Halloween de 1º e 2º de E.I.



Achégase "Halloween" que como xa sabedes é unha festa que celebramos dende a área de inglés e, como non  ímolo facer ao grande. Xa vos iremos informando de cousas ao longo desta semana!!

Este ano contamos, como  novidade que vos  deixamos os  vídeos coas cancións que o día da festa cantaremos  para que  poidamos  escoitalas tantas veces como queiramos..

Aquí vos queda a canción da aula dos Caracois e a letra por se vos animades a cantala con nós
Veña animádevos!!!


Go away scary monster, go away! Go away!
Go away scary monster, go away! Go away!
Go away scary monster!
Go away scary monster!
Go away scary monster, go away!
GO AWAY!

Go away spooky vampire, go away! Go away!
Go away spooky vampire, go away! Go away!
Go away spooky vampire!
Go away spooky vampire!
Go away spooky vampire, go away!
GO AWAY!

Go away scary witch, go away! Go away!
Go away scary witch, go away! Go away!
Go away scary witch!
Go away scary witch!
Go away scary witch, go away!
GO AWAY!

Go away spooky ghost, go away! Go away!
Go away spooky ghost, go away! Go away!
Go away spooky ghost, go away!
Go away spooky ghost, go away!
Go away spooky ghost, go away!
GO AWAY!

14 de octubre de 2014

Aniversarios de Setembro '14

Ola a todos e todas! O mes de Setembro pasou moi rápido e estivo cheo de novidades, cambiamos de clase, de mestres e mestras, iniciamos proxectos... pero algo que non cambiou é que seguimos a festexar os aniversarios pois sabemos o importantes que son para nós e o ben que o pasamos!
Así que , aquí vos deixamos as fotos dos nenos e nenas que celebramos o noso día neste primeiro mes de cole:


Cumples setembro 3
 
Seguiremos amosándovos as cousiñas que imos facendo así que... non esquezades visitarnos de cando en vez! Biquiños mil!!!

1 de octubre de 2014

Primeiras semanas!!

Xa levamos unha cantas semaniñas de cole e....estámolo a gozar moito moito.

O bo tempo acompañounos e puidemos gozar das zonas verdes, da carballeira, da area....e esto axudou moito a que ás novas incorporacións se nos pasase o tempo voando e que pouco a pouco se nos fixese máis agradable o tempo de cole. Así estamos a facer un período de adaptación do máis tranquilo.
Patio
inicio
inicio 3
Aula ei2
Aula ei

Xa na primeira semana nos sentimos a gusto, tranquilos e confiados e.....durmimos a sesta dende o primeiro día moi a gustiño!!!


Sesta

Tamén puidemos gozar do concerto de inicio de curso da Escola de Música Cantarela no que coñecimos aos profes dos diferentes instrumentos da escola.......e escoitamos cantar á mamá de Lúa claro!! que ilusión nos fixo!!

Concerto

 Os nenos e nenas xa veteranos (jeje) chegamos con moitas moitas ganas de volver xogar cos compañeiros e compañeiras, con ilusión por comezar unha nova etapa e con, como non decilo, un pouco de nervios polas expectativas cara ás novas aulas.

Os nenos e nenas da clase das Águias iniciamos unha nova etapa, a Primaria, que traerá moitas novidades, rutinas e espazos como o patio que agora é compartido co resto de nenos e nenas de Primaria. Ademais contamos con novos compañeiros e compañeiras e isto está a facer aínda máis intenos se cabe este inicio de curso.

ep1

 E os maiores de 2º de Ep....xa somos todos uns expertos!! con ganas de volver ao cole a vivir novas aventuras estivemos estas semanas coas emocións a flor de pel e iniciando xa algúns proxectos moi interesantes....xa vos iremos contando!!
2ep
Xa vedes o ben que o estamos a pasar e agradamos vervos moito por aquí para despois poder falar con vós do vivido no cole Galén.