29 de junio de 2014

Conto coa mamá de Julián

Como vedes, aínda que o cole xa rematou aquí seguimos contándovos todas as cousiñas que fomos vivindo neste último mes de Xuño, un mes cheísimo de emocións e aventuras.

Un xoves á tardiña tivemos a sorte de recibir a visita de Ana, a mamá de Julián da clase das Arañas, que veu a compratir con nós un conto que xa lle contaba a ela o seu avó. É un conto deses que se conta sen ler un libro, un deses contos nos que con só escoitar e mirara para a contadora xa podiamos imaxinar unha chea de cousas. E a verdade é que este tradición oral, tan rica, que pasa de xeracións en xeracións non podemos deixar que morra, pois é un tesouro dos máis valiosos que podemos rescatar.
Mamá Julián 1
A nós encantounos esa historia do Fraile Frailón, na que os protagonistas eran a propia familia de Julián e tiña un aquel de misterio e algo de....sustos!! que nos fixeron pasar unha tarde moi entretida e intrigante.

Despois de ler o conto xogamos con Ana a rifar as mans e...agarrarnos as orellas!!! ata que todos e todas quedamos unidos polas orellas-mans para ter que levantarnos sen soltar...que divertido, canto rimos!!

Grazas Ana  pasámolo xenial!!

Mamá Julián 2 
Mamá Julián3

27 de junio de 2014

Saímos a escalar co papá e mamá de Aldán

 Neste mes de Xuño, entre o gran número de actividades que realizamos, na Clase das Águias houbo unha particularmente especial: fomos a escalar  con Jaime e Catuxa.
Foi moi emocionante, fixemos exercicio, Aldán compartiu con nós os seus coñecementos sobre a escalada e pasámolo xenial descubrindo os efectos que a adrenalina ten no noso corpo!
Como dependiamos do tempo era unha saída que agardabamos dende facía semanas e... por fin chegou o ansiado día!
Chegamos ben cediño para aproveitar a experiencia ao máximo. O primeiro paso foi repasar  xuntos o material preciso e as "frases clave" para comunicarnos coa persoa que nos aseguraba. A escalada é un deporte moi emocionante pero require de algunhas pautsa básicas para realizalo con toda a seguridade que require.Logo de ter claras as pautas a seguir comezamos!
O primeiro: arnés e casco, sen eles NON podemos escalar. Hai que ter isto moi claro, non nos podemos poñer a escalar sen ter o material axeitado.
Saída Escalada 6
As cordas son especiais tamén, non serve calquera e tamén debemos facelo en lugares axeitados que cumpran unhas condicións determinadas! 

Tede todo isto en conta antes de plantexarvos realizar unha actividade deste tipo! 
Nós contabamos con expertos: Álvaro (profe dos maiores de Educación Física), Catuxa e Jaime que teñen os coñecementos e material precisos para facer este deporte seguro e moi moi divertido! 

Saída Escalada 4
Saída Escalada 5
  Logo de ver as fotos... de seguro que vos apetece practicar este deporte! Para todos e todas, incluida a mestra, foi unha nova experiencia moi gratificante e novidosa polo que vos animamos a prepararvos e probar!!! 

Moitos biquiños da Clase das Águias!!!

Seguide atentos ao blog porque temos aínda moitas cousas que contarvos das vividas nas últimas semanas!!!
O Bllog de momento non ten vacacións!!!!

25 de junio de 2014

Aniversarios Maio e Xuño 14


Olaaa a todos e todas! Os meses de Maio e Xuño estiveron cheos de moitas actividades e novidades, pero non nos esquecemos de celebrar os taaaan importantes aniversarios!
 Aquí vos deixamos as fotiños dos nenos e nenas que cumpriron anos!!! 

En Maio celebramos....

Aniversario Maio 2
Aniversarios Maio 1
 

En en Xuño cumpriu anos Cayetana (moi especial aniversario celebrado de noite durante a acampada) e celebramos os aniversarios de Gonzalo e César, que cumprirán en Xullo e quixemos celebralo xuntos.

Aniversarios Xuño

PARABÉNS  A TODAS E TODOS!!!

22 de junio de 2014

Conchi na clase das Bolboretas!!

Fai uns días, na clase das bolboretas tivemos unha visita moi especial:  Conchi a mamá de Nuno veu pasar un ratiño connosco. e sabesdes o que elaboramos???  Fixemos un xogo de bolos e pelotas e gozamos moito da súa compaña.

Colaboración Conchi 1
 
Pero para comezar a facelos, precisabamos botellas de auga baleiras que as nosas cociñeiras e cociñeiro nos gardaron os últimos días. Así que aló fomos, á cociña pedirllas...

Colaboración Conchi 2

E con elas, xa comezamos a decorar cada un os seus bolos. Tiñamos moitas tiras de cores e gomets e fixemos uns bolos marabillosos. A que nos quedaron ben??

Colaboración Conchi 3


colaboración Conchi 4


Cando xa tiñamos decoradas as nosas botellas-bolos fomos ao areeiro buscara area para encher as botellas porque pesaban tan pouco que non aguantaban de pé. Así que enchémolos cun funil que fixo Conchi nun intre e os bolos estaban listos.

colaboración Conchi 5


colaboración Conchi 6


  Agora xa só nos faltaba a pelota para poder derrubar os bolos. Con papeis de xornais cada un de nós fixo unhas cantas pelotas de cores que Conchi remataba poñendolles celo para que non se estragasen.

colaboración Conchi 7


Colaboración Conchi 8


  E para rematar, aprendemos a xogar aos bolos e pasamos un rato intentando tirar todas as botellas.Mirade, mirade, que vós parece, somos unhos expertos e expertas!!!

Para nós foi unha visita moi divertida, grazas Conchi por vir e por compartir con nós momentos tan especiais.

Xa sabedes, os papás e mamás que este ano non puidestes  vir tendes unha cita con nós o ano que vén... sen excusas!!!!

 Bicos Mil

21 de junio de 2014

ROBBY AT AROA'S HOUSE!

      Hello everyone!

Canta ledicia, canto xogo e como se lle está a encher a mochiliña da vida ao noso amiguiño Robby!
 A verdade é que o día que pasou con Aroa, foi súper divertido e entretido. Foi un non parar de facer cousas e sen dúbida iso explica que ao día seguinte non parase da leriar. Que se logo de merendar foron xogar á tenda de campaña de Mickey Mouse (a primeira vez que entra nunha tenda!), que se estiveron a tocar o piano e despois deitáronse na cama para ler canda seu libro. Aroa leu o conto de Cinderella e Robby a un dos seus autores preferidos: William Shakespeare. 
      
    Polo visto a Robby comezoulle a doer a cabeza e Aroa coidou del como unha enfermeira excelente: deulle mimos e un pouco de Apiretal e aos 5 minutos estaba como novo e con enerxía abondo para xogar ás agachadas e seica a Aroa lle custou un chisco atopalo. Sabedes onde se escondeu? Poi entre un montón de bonecos! Ji Ji Ji... Depois fixeron unha das cousas máis divertidas do mundo: saltar na cama! Quen non o fixo algunha vez e a quen non lle gusta? Ao acabar de tanto brincar, fóronse bañar e marcharon para cama, pero non sen antes darse unha morea de mimos.

      A continuación as fotos, que son fermosísimas e que de seguro vos encantarán tanto como a nós, e que coma sempre vos estamos moi agradecidos de que compartedes con todos nós!

       Enjoy!!


1- Energy

2- Tent

3- Playing the piano

4- Reading

5- Medicine

6- Photo with friends

7- Jumping on the bed

8- In the bathroom

9- My dear friend

19 de junio de 2014

PATCH AT MANUEL'S HOUSE!

      Coo coo!

Here we are again... UPS! Xa estamos de novo aquí. Esta vez co noso amiguiño e compañeiro Patch que pasou unha tarde e unha noite con Manuel e a súa familia e, como cabe esperar, tanto o primeiro como o último o pasaron máis que de marabilla. Como non podía ser menos, xogaron un montonazo e mesmo lle fixo unha sesión de fotos para a revista DOGS & MORE.

   Aquí as fotos que nos encantan, agardamos que tamén vos gustarán a vós, e que tanto vos agradecemos que compartades con todos nós, como sempre.

      Have fun!


1. Playtime

2. Playing

3. Photo session

17 de junio de 2014

ROBBY AT NUNO'S HOUSE!

       Boas a todos e todas!

Unha vez máis, Robby estivo de parranda. Esta vez de convidado de Nuno e a súa familia. Ao rematar o cole, foron xogar ao parque acompañados de Tana a fermosa e coñecidísima cadela. Merendaron e logo de tanto axetreo, marcharon para a casa e logo dun merecidísimo baño e de xogos,  cearon compartindo galletas e colacao e marcharon para a cama a durmir e descansar. Como non podía see menos, Robby pasouno pipa e voltou ao cole cheo de preciosas anécdotas que contar.

      A continuación as fabulosas fotos, que coma sempre nos encantan e que tanto agradecemos que compartades con todos nós!

       Deica pronto!


1. Snack time

2. Playing with Tana

3. Bathtime

4. After bath

5. Milk chocolate

6. Biscuit jar

7. Story time

8. Night night

Visitas de Iria e Alberto, mamá e papá de Celtia

Olaaaa! Aquí estamos de novo a Clase das Águias para amosarvos as fotos das visitas, que coma sempre interesantes e cheas de ilusións, nos fixeron Iria e Alberto, os papás de Celtia.
A primeira visita foi a de Iria, que veu colaborar cun proxecto no que participaba todo o cole ao redor do Consumo Responsable e que en infantil traballamos a través da Reciclaxe.

No cole estamos sempre a traballar temas transversais como o coidado do medio ambiente, o aforro de enerxía... e moi implicados e concienciados con todo o que isto conleva. Consideramos que as tres R: reducir (o consumo), reutilizar (do que consumimos) e reciclar son moi importantes para facer un mundo sostible e coidalo e cremos que o mellor lugar para comezar é cos nenos e nenas, o noso futuro.

 Xa dende infantil reutilizamos e reciclamos, por isto tiñamos moita información, pero Iria aclarounos moitas dúbidas á hora de reciclar fóra da cole. Así, explicounos que cousas ían en cada contenedor e entre todos e todas fomos practicando a reciclaxe de moi diversos produtos...
Aquí vos amosamos o que foi a primeira parte da visita, a explicación na aula... Mirade o atentos e atentas que estivemos!!!
No contenedor amarelo tiramos todo tipo de envases, dende latas ata botellas de plástico.

Visita Iria Reciclaxe 2
No contenedor verde claro (o que ten forma de campá) tiramos o vidro.

No contenedor verde escuro ou negro tiramos os restos de comida, servilletas usadas, cueiros...

Visita Iria Reciclaxe 4
    E no contenedor azul tiramos o papel e o cartón.

Depois de repasar e incorporar novos coñecementos decidimos poñelos en práctica e amosar tooodo o que asimilamos... pero dun xeito moi moi divertido que nos propuxo Iria: dividímonos en dous grupos e comezou o xogo. Cada un de nós tiña un número e cando Iria o dicía tiñan que sair os nenos e nenas dese número (un de cada grupo) e correr para coller o obxecto a reciclar e levalo ao contenedor correspondente do seu grupo, pero mellor que contalo é que o vexades... 
Visita Iria Reciclaxe 5
Visita Iria Reciclaxe 6
Visita Iria Reciclaxe 7
Visita Iria Reciclaxe 8
  Xa vedes o ben que o pasamos... a reciclaxe pode ser emocionante e divertidísima!!! 

E chegou unha nova sorpresa despois duns días: Alberto, o papá de Celtia cunha colaboración moi orixinal relacionada co seu traballo... amosounos os segredos do cemento!
Trouxo diversos materiais cos que se elabora e foinos explicando paso a paso como se consegue, pero no cole non tiñamos as ferramentas precisas para facelo así que... Alberto empregou a maxia!
O primeiro paso: as luvas, para protexer as mans e logo comezamos!
 O cemento elabórase con caliza e arcilla calcinadas e moídas e nós metiamos os materiais dentro duns botes, abaneamooooos e... saían moídas! Mirade, mirade!!!
Visita Alberto 1

Estas rochas moídas e misturadas denomínanse clinker. E cando ao clinker se lle engade o xeso é cando obtemos o cemento!

Visita Alberto 2

O cemento misturado con area, grava e auga transfórmase no que denominados formigón, que é o que nós empregamos para contruir casas, pontes e outras estruturas!

Visita Alberto 4
visita Alberto 5

 Tamén nos abraiamos ao descubrir que hai distintos tipos de cemento, que se empregan en función do que precisemos, por exemplo... sabiades que hai un cemento especial para a auga??? Alberto tróuxonos uns debuxos, cada un dos cales ía asociado a un cemento en función das súas cualidades e utilidades! Aquí volos amosamos...
 Un cemento moooooi forte e outro que serve para todo!

Visita Alberto 7
 Un cemento para construcións na auga e outro que é moi rápido e seca deseguida!

Por último, Alberto explicounos nun debuxo cal é o proceso para calcinar os materiais e o enoooormes que son o forno e o muíño, ferramentas precisas para facelo! 

Visita Alberto 9
  
 A verdade é que foron dúas visitas moi diversas, entretidas e prácticas nas que aprendimos un montón de cousas experimentando, manipulando e descubrindo pequenas cousiñas do mundo que nos rodea!
Moitísimas grazas Iria e Alberto pola vosa gran colaboración e esforzo e por facernos taaaan especiais e entretidas as vosas visitas! 

Biquiños mil para todos e todas da Clase das Águias!