30 de abril de 2014

Almorzos saudables

As nenas e nenos de 1º e 2º de E.Primaria tivemos un almorzo especial. Enriqueta, unha señora moi presumida, explicounos que alimentos tiñamos que tomar no almorzo para ter enerxía toda a mañá: froita, cereais, lacteos.

foto1
foto 2
foto 3
foto 4
foto 5




O almorzo que nos tiñan preparado estaba moi rico!! Moitas grazas!!





28 de abril de 2014

"O noso corpo"

Este trimestre na clase de 2º de Primaria traballamos no proxecto “O noso Corpo”. 

foto 1


Para axudarnos a investigar viñeron a nai de Antón e Julio, Chelo e Lidia. Elas mostráronos algo do moito que saben acerca do tema. Vimos ósos humanos, e comparamos os seus tamaños e formas. Canto aprendemos e gozamos!! Grazas Lidia, grazas Chelo!! Logo, diseccionamos un corazón e un pulmón e comprobamos o seu funcionamento.
foto 2


foto 3

Sabemos xa que a saúde e a hixiene van parellas. Fíxemos un experimento con caixiñas Petri de cultivos.  Un grupo lavou moi ben as máns e otro non. Púxemos os nosos dedos nas placas e ao cabo duns días vemos o que aconteceu. Na caixa “sucia” creceran un montón de bacterias, na outra non. O curioso é que ao cabo doutros pouquiños días na caixa “limpa” tamén empezaron a  medrar unhas pequenas manchiñas. Collemos a lupa electrónica e o microscopio  e…. Sorpresa!!!  Había dous ácaros. Seguimos pois a nosa investigación e aprendemos onde lles gustaba vivir a eses microorganismos,   de onde viña o seu nome,… e un sen fin  de cousas máis.


foto 4 foto 5

Elia e Santi, profesora e profesor dos maiores, axudáronnos moito prestándonos material da aula de Bioloxia e explicándonos como se utilizaba. Grazas a eles todo foi máis doado e divertido.

Rematamos o proxecto cun estupendo Almorzo Saudable!!

24 de abril de 2014

Un artista na aula!! Visita de Gonzalo

Este Entroido disfrazámonos de pintores e pintoras e o tema resultounos taaaan interesante que acordamos  facer un proxecto e investigar máis a fondo tanto a diversos pintores coma variadas técnicas para deixar sair aos artistas que levamos dentro.
A Clase das Águias realizamos técnicas como o puntillismo, o "action painting" de Pollock... pero a que máis nos gustou foi o gravado, adiviñades por que?
Tivemos a un gran artista con nós, Gonzalo, o pai de Gonzalo, que amablemente nos veu ensinar como se facía!
Comezamos a actividade cunha explicación do que íamos facer, mirade que atentos e atentas estabamos...


Agora iremos paso a paso contándovos o que fixemos. Precisamos unha bandexa de porexpán á que temos que cortarlle os bordes, pero mellor que o vexades...


Despois con lápices ben afiados facemos o debuxo que nos apeteza, podemos facer liñas ou con puntiños, sempre tendo en conta que debemos apretar bastante para que quede a forma gravada no porexpán...



E agora o máis divertido... PINTAR!!! Poñemos pintura enrriba do debuxo que fixemos, como veredes podemos misturar diversas cores. Cubrimos cun folio o debuxo e pasamos un rodillo mooooi pesado... uffff menos mal que nos axudou un pouquiño Gonzalo!!!


  O rodillo fai que a pintura se pegue ao folio deixando a forma do noso debuxo en branco... Ajá, misterio resolto... ao picar o porespán afúndese e non colle cor! 
A actividade gustounos tanto que repetimos! E para rematar Gonzalo amosounos uns fermosos cadros feitos por el, empregando, iso sí, a mesma técnica. Mirade que marabilla!!!


E a continuación... as nosas obras de arte xa rematadas, até fixemos uns marcos... 

Visita Gonzalo 6

A que nos quedaron chulísimos? Queredes saber os nosos trucos? Pois ahí van: moita imaxinación, gran creatividade, infinitas ganas de aprender e moito moito gusto polo que facemos!!!
 Dende aquí darlle as grazas a Gonzalo por motivarnos e facernos pasar un anaco tan especial e divertido! 

Mil grazas e biquiños das Águias para todos e todas!!!

21 de abril de 2014

Obradoiros internivelares: Música e Expresión Corporal


O gusto pola música e a nosa capacidade para expresarnos é algo moi importante no noso crecemento, tanto físico coma emocional. É por iso que este curso temos un obradoiro adicado a esto nos obraodiros internivelares dos que xa vos falamos algunha vez.
As tardes dos luns cociñamos, o seguinte luns imos ao horto e o seguinte a música e expresón corporal mesturados os nenos e nenas de infantil e 1º de primaria. Para nós é unha  tarde un pouquiño máis especial se cabe.

 Cada sesión do obradoiro comeza do mesmo xeito: ao ritmo de música animada imos entrando en calor dende os nocellos ata o pescozo, preparando así o noso corpo para os xogos que realizaremos. E para mostra, as seguintes imaxes...
Obradoiro Música e E.C. 1
 
Ufff logo do quencemento os xerseis e chaquetas sobran!

Xa estamos listos e listas para a sesión na que alternamos actividades dinámicas con xogos máis relaxados. Os nenos e nenas aprendemos moitas cousas por imitación, representando o que vemos, por isto sempre acostumamos a facer  algún xogo no que somos animais: ssssserpess que ssse arrassstran polo chan, grandes elefantes que se moven de xeito pesadooooo, rápidos e áxiles leóns que avanzan pola selva, tranquilas e cómicas galiñas "Cocorocoooo".
Tamén podemos ser sementes que cunha pouquiña auga medran e se converten en marabillosas flores, árbores que abanea o vento, ondas que se axitan nunha treboada, enormes montañas que  quedan moi moi quietas... Logo somos de chocolate e como vai taaaanta calor... pois claro, derretémonos.

TODO VALE sempre e cando sexa divertido!!! Mirade que posturas!

Obradoiros Música e E.C. 2

Tamén temos moi en conta as nosas emocións... que importante é ser quen de expresar como nos sentimos e facer partícipes aos demais! 
 Así en todas as sesións tamén temos un oco para traballar estas emocións coa expresión corporal que lles corresponde. Facemos xogos nos que temos que representar unha acción ou situación na que xorde un sentimento e os demais teñen que adiviñala e ademais representala:  dende o susto e a sorpresa... ao medo, o enfado, a ledicia ou a tristura, todas elas emocións básicas que nos invaden de cando en vez e que debemos aprender a ver e atender no momento no que xorden, tanto en nós mesmos coma nos demais.

Todos estes xogos axúdannos a aumentar a nosa capacidade para empatizar co resto da xente que nos rodea, para entender aos demais e convivir dun xeito saudable e  feliz. Estaredes dacordo en que as nosas caras o din todo!!! Adiviñade que emocións estamos a representar...

Obradoiros Música e E.C. 3

  Os xogos de roles supoñen un reto para nós xa que temos que lembrar que ou quen somos, como se move, como actúa, como se comunica e manter isto ao longo de todo o xogo. Para levalos a cabo buscamos  ser animais de dous tipos: os que comen herba ou plácton (coellos, vermes, peixes) e os que comen carne (lobos, águias, tiburóns)  MMMMM os animais teñen moita fame e buscan comida, por iso o coello sae comer herba a saltiños, ao ritmo da música, pero de súpeto a música para e aparece no bosque o lobo... que tamén está moi moi famento... e mirade por onde, sempre pasa o mesmo: os lobos queren merendar coello, mirade qué cariñas de velocidade levamos!
Obradoiros Música e E.C. 4
 

Está chegando a hora de recoller e despois  de tanto xogo e movemento precisamos relaxarnos un pouquiño, así que cambiamos a música e poñemos acordes suaves que fan que o corazón latexe máis lento... a respiración tamén acouga... pechamos os ollos... respiramos paseniñamente polo nariz e botamos o aire 
 pola boca...

Obradoiros Música e E.C. 5
 
E cinco minutos despois estamos listos e listas para marchar á casa logo  dunha extenuante sesión. Como vedes gozamos moito e o material que precisamos é: un ordenador ou radio, nós mesmos e moitas ganas de pasalo ben!

Animádevos a facelo vós na casa, calquera momento é bo para divertirse!!

9 de abril de 2014

Formación para familias e docentes

Dende o cole queremos convidarvos, ás familias e outras lectoras/es deste blog, a participar nas xornadas de formación que terán lugar os vindeiros 26 e 27 de abril no noso centro.

Despois do éxito das xornadas do ano pasado con Isabel Fuster este ano contamos de novo con ela e ofertamos un obradoiro que leva por título: 
 Educación emocional. Saber acompañar e nutrir as necesidades emocionais na infancia e adolescencia.




Isabel Fuster Rapezza é  licenciada en psicoloxía pola Universidade Autónoma de Madrid e psicoterapeuta con formación jungiana, humanista e sistémica, titulada como especialista de constelacións familiares e en pedagoxia do abrazo de vinculación". Exerce como psicoterapeuta e ademais é profesora de formación contínua do profesorado. Podedes recabar máis información na súa páxina .
Un dos obxectivos do curso será coñecer e profundar nas necesidades vitais e emocionais de nenos e nenas e adolescentes onde educadores e educadoras xogan un papel importante e ineludible.
 


O Obradoiro desenvolverase nas instalación de Galén Centro Educativo os días 26 e 27 de abril  en horario de 10 a 14 h  e 15:30 a 20:00 h  o sábado,  e o domingo de 10 a 14hrs.

                O prezo do obradoiro é de 45 € con café e algo de picar incluído.

                Data límite de inscrición: 15 de abril

Se vos animades a participar podedes contactar co cole ou ben a través da dirección de correo: curso@centrogalen.com.

 

8 de abril de 2014

Visita futbolera...o papá de Daniel

Fai uns días tivemos unha visita moi especial: o papá de Daniel que veu a contarnos como é o seu traballo.
E é que Juanjo é xogador de fútbol no equipo da nosa cidade, no Clube Deportivo Lugo.
Daniel e mais el foron contándonos como é o seu día a día, que cada día ten que ir a entrenar (chova, neve, con frío ou con calor....)  ademais de cada un dos partidos que xogan.
Tamén nos contou que o seu traballo fai que a familia viaxe moito, que vivise en diferentes lugares e coñecesen lugares diferentes cada un co seu particular encanto.
papá Daniel 1
Puidemos ver dúas prendas imprescindibles para xogar ao fúlbol: as botas con tacos e a camiseta do equipo e co número do xogador. Juanjo é o número 15.
botas
camiseta
Pasamos unha mañá estupenda, falando do que nos gustaría ser cando sexamos grandes, os números que nos gustan máis, preguntándolle cousiñas e compartindo un pedaciño ben agradable. E rematamos o momento con esta foto a modo equipo! 
equipo
  
 Moitas grazas Juanjo por compartir con nós este ratiño.

6 de abril de 2014

Papá de Lúa...gaiteiro!!

Na clase das bolboretas tivemos unha visita moi.....musical!! que nos axudou a completar  o noso proxecto sobre os instrumentos tradicionais galegos.

Veu o papá de Lúa, David, a presentarnos a gaita, as súas partes, como soa e....foi case máxico para nós ver como de aquela bolsa que el traía saían unha chea de pezas de diferentes lonxitudes, unha bolsa con flecos...... e como se convertía nunha gaita co seu son tan característico, tan cotiá para nós.

bolsa gaita
Primeiro saíron as partes da bolsa
partes
Despois David foinos descubrindo o son de cada unha das partes e como atravesaba o aire cada unha delas. O ronco soaba coma un barco!!!
partes2
E vimos tamén que hai unha que se chama ronqueta que ten unha especie de chave coma se fose unha billa de auga. que curioso!!
partes 3
 Tamén coñecimos unha parte moi importante: o punteiro que vai da man sempre da palleta que leva dentro sen a que as notas non soarían.E descubrimos que canto máis longo era o punteiro...máis grave soaba. partes 4
Cando todo estivo montado David contounos o conto de como Avelino Cachafeiro, un gaiteiro moi famoso e importante, conseguíu compoñer a Muiñeira de Chantada para agasallar á súa amada. conto
 E como non....bailamos a ritmo da gaita acompañada da pandeireta e do bombo que tocabamos nós. Que ben o pasamos, que divertido foi!!!

 Moitísimas grazas David por pasar unha tarde con nós musical e moi moi especial!!!
bailando pasodoble

Esta visita, como vos contabamos, foi a guinda que colmou o pastel.....non pastel de comer non.!!!...queremos dicir que rematamos con ela o noso proxecto ao redor dos instrumentos tradicionais galegos que iniciamos aló polo mes de outubro na aula de música.

 Experimentamos con todos eles, aprendemos a clasificalos por familias e descubrimos como facer para que soasen o bombo, a pandeireta, o pandeiro, as culleres, o tamboril...e con eles tamén algunhas peciñas do repertorio tradicional e popular galego que acompañaban aos diferentes bailes soltos e agarrados: a muiñeira, o pasodoble....

 Mirade as fotos e veredes cantas experiencias!!! e podedes ver tamén o moito que medramos dende inicio 
de curso...vaia se cambiamos!!

tamboril
pandeiro1
pandeiro 2
culleres1
culleres 2
bombo
bailando
tocando
 

4 de abril de 2014

Aniversario Marzo 14

Estamos a rematar o 2º trimestre e seguimos moi atarefados cos diversos proxectos e actividades que estamos a desenvolver. Porén sempre sacamos tempo para festexar os nosos cumples e degustar as exquisitas tartas que traemos ao cole. E neste mes de Marzo cumpliron anos...

Aniversarios Marzo 14 (1)


Parabénsss!