23 de febrero de 2014

Visita de artistas!!!

Esta semana. conectando co proxecto das tres aulas de infantil ao redor dos artistas da pintura, recibimos a xenial visita de  Natalia e Antonio, os papás de Gabriela, que viñeron a mostrarnos parte do seu traballo. Como este ano o noso disfraz ten moito que ver con eso e como Antonio é un gran pintor e a Natalia non se lle da nada mal, viñeron contarnos o que é ser un pintor ou pintora e todo o que necesita para facer as súas grandes obras.

            . collage 1

 Na primeira parte estivemos todos os nenos e nenas de infantil e gozamos de poder ver e tocar todas aquelas cousas que Antonio sacaba da súa máxica bolsa. 
Algunhas delas eran moi familiares para nós, pero outras non as relacionábamos coa pintura como por exemplo as espátulas que ao principio nos pareceron máis propias dos albañiles que dos pintores...

                   Collage 2

Despois de poder manipular, ver e ata ulir  todos os obxectos, Natalia e Antonio nos presentaron algúns pintores e pintoras moi famosos e xogamos a adiviñar de quen era cada obra. As águias e as arañas xa sabiamos moito porque tiñamos moito investigado. Mirade sairon pintores como.........


                  Collage 3

 Pero xa sabedes que o noso mural aínda non está completo e que pouco a pouco todos e todas traeremos máis obras e máis pintores para rematar con un mural cheo, cheo.


                   Collage 4


 Despois de estar todos xuntos tocounos ás bolboretas facer un obradoiro con Natalia e Antonio. Tiñan preparada para nós moitas cousiñas..... Primeiro Natalia contounos o  conto "Ollos i estrelas" de Joan Miró e fixemos dous grupos para facer uns collages que nos quedaron xenial!!! Que vos parece??


                 Collage 5

                 
                    Collage 6


 Tamén fixemos unhas bandanas inspiradas na obra do artista para enfeitarnos e....sentiamosnos moi moi lindos e coloridos!! 
Para rematar fixemos a nosa pequena homenaxe a Joan Miró con uns cadros que pintamos coas suas cores favoritas e rematamos poñéndolles ollos e estrelas coma el solía facer.

                    Collage 7

 O noso resultado foi este!!!! Son marabillosos....

                  Collage 8


E dende aquí queremos dar as grazas a Natalia e a Antonio que nos fixeron pasar unha mañá marabillosa e moi moi artística
Recordade que vos esperamos a todos e a todas cando vos apeteza.

 Mil biquiños.

21 de febrero de 2014

O luns pola tarde!! obradoiros

Os luns pola tarde reanudamos os obradoiros, pero hai unha novidade, agora  tamén participamos  os nenos e nenas da clase das Bolboretas e das Arañas xunto coa clase das Águias e  1º de Primaria.
As nosas mestras preparáronos un obradoiro de cociña, de baile e de horto.
Este luns en horto estivemos moi atarefados retirando os excrementos de Pelusita, unha cobaia moi tranquila que coidan os nenos e nenas de Primeiro. Retirámolos e preparámoslle a gaiola con palla, tamén lle puxemos comida e auga. Estes excrementos os utilizaremos para preparar compostaxe, que servirá de abono para as nosas plantas.

pelusita 1
pelu 1


Despois sementamos tomates. Preparamos a terra e puxemos dentro dúas sementes. Podiamos escoller entre dúas variedades: cherry ou raf. Para rematar tivemos que regalos, xa que as sementes precisan humidade para xermolar. Deixámolos no peitoril da fiestra para coidalos e ... nunha semana estarán nacidos 
!! Cando medren transplantarémolos no invernadoiro. 


tomates 1-1
tomates 2-2
tomates 3-3
tomates 4-4
sementeira 1-1
E cando chegue o tempo de recoller....xa  vos daremos a probar!!

17 de febrero de 2014

Obradoiro de disfraces Infantil

En Infantil estamos a organiza un obradoiro para a elaboración do disfraz.
Será o mércores 19 ás 17:00 para os papás mamás que precisades un pouco de axuda e poder compartir con vós unha tarde de costura. Teredes que traer a tea e a cinta fruncidora.
Se estades interesados/as falade coas nosas profes entre hoxe e mañá.




15 de febrero de 2014

Preparando o entroido: disfraz de 1º e 2º de Primaria

Achegase o entroido!!
Como sabedes pola entrada anterior este ano todo o cole iremos disfrazados de diferentes oficios. Na nosa coreografía haberá cociñeiros e nós, as nenas e nenos de 1º e 2º de EP. imos ir disfrazados de "CUPCAKES"
Gustaríanos moito que participarades na elaboración do disfraz....Non vos asustedes, é moi sinxelo, trátase de elaborar 6 pompóns con las de cores.
Deixámosvos as indicacións das medidas e o proceso de elaboración. Se tedes algunha dúbida falade coas nosas profes.

Aquí podedes ver un tutorial de como facelos. Para os nosos o cartón terá unha medida de 6cm de diámetro de fóra e cm o de dentro.

Os pasos a seguir polo tanto son :


 

E...por suposto, trátase de que fagamos o traballo conxunto mamás e papás e nenos e nenas. Pasaremos unha tarde de fin de semana traballando xuntos no noso disfraz. Será toda unha aventura!!!!

Se vos apetece sacade algunhas fotiños do proceso que despois podemos compartir aquí!!

Que teñades unha boa e productiva fin de semana!!! e....mil grazas pola vosa colaboración!!



 

14 de febrero de 2014

Erro de medidas!!

Na entrada de onte había un erro nas medidas de 3º ei.

A MEDIDA DA TEA PARA 3º EI É 1,30 (pensada para os máis grandes de tamaño)

De todas maneiras as medidas son un pouco orientativas, vós mirade  tamaño do voso neno/a e escolledes entre 1m, 1,20m ou 1,30m.



13 de febrero de 2014

Preparamos o Entroido: disfraz de Infantil



Xa está moi pretiño a festa de Antroido!!!
 
Si, si, e este ano o tema da festa do cole é “Os oficios”. 
Os nenos e nenas de EI imos a disfrazarnos de Pintores e Pintoras.

E nesta ocasión,  como en anos anteriores,  queremos facervos partícipes e cómplices nas nosas tarefas de elaboración do disfraz. Estas son as cousiñas que precisamos:

-TEA STRECH a escoller a cor entre vermello, branco, negro, malva ou fuxia. Podedes atopala na nova tenda de teas sita na rúa Montevideo(xusto antes da churrería Don Pepe). Se lles dicides que ides de Galén xa saben cales son.
Para os nenos e nenas de 1ºEI: 1 m, 2º EI: 1,20 m e 3º EI 1,30m.
-1 m Cinta fruncidora de cortinas (a máis estreitña que atopedes)
-Leggins: podemos utilizar os de raias do nadal ou calquer outro que vos guste como combine.


A parte que tedes que elaborar na casa é a casaca de pintora ou pintor. Buscamos un patrón do máis sinxelo no que todas as pezas son rectas para facilitar a montaxe e o cosido.
Deixámosvos a continuación as indicacións do proceso e  fotos de como quedará. Se tendes calquera dúbida falade coas nosas profes.


Temos que darlle as grazas a Natalia a mamá de Gabriela pola súa colaboración facéndonos os patróns e un modelo que podedes ver nas fotos.
disfraz1
disfraz 3
Aquí podedes ver a cinta fruncidora de cortinas cosida ao longo e despois tirando dos fíos queda recollida a tea para os ombreiros.

disfraz 2
.


Gracias mil pola vosa colaboración, imos quedar requeteguapas e requeteguapos.

Ademais nas aulas iniciamos un proxecto sobre pintores famosos da historia e aquí tamén podedes axudarnos a buscar información, libros, fotos de cadros etc.... Algunhas cousiñas xa fomos recompilando e coñecemos xa algúns artistas como Frida Kahlo, Dalí, Goya, Miró, Van Gogh.....

 Entre todos e todas imos facer un proxecto ben chulo, xa veredes!!
E……ide pensando de que vos ides disfrazas vós para a festa eh???? Esperámosvos!!!


12 de febrero de 2014

Unha cobaia na clase

Por fin chegou Pelusita!!.......que non sabedes quen é Pelusita?
 Pois a cobaia que temos na aula os nenos e nenas de 1º de EP. Trouxoa  un amigo do cole,  Mundo, para que a coidemo durante uns meses.
 Os primeiros días tivemos que falar moi baixiño e non a collemos para que se afixera e se sentira segura con nós. Hoxe, por primeira vez, atrevémonos a acariñala e collela no colo. Ao principio estaba un pouco nerviosa... ela e nós tamén!. Notabamos como lle latexaba o corazón mais ao pouco estaba tan contenta que non quería volver para a gaiola.
Os encargados de clase, Carlos e Alejandra, foron buscarlle á cociña  unhas follas de leituga e unha mazá e tamén repuxeron a auga.
Estabamos tan contentas e contentos que a nós tamén nos costou moito deixala para iniciar outra actividade.

Agora temos unha nova compañeira de aula á que coidar e atender....será toda unha aventura compartida!

foto 1
foto 2
foto 3
foto 4
foto 5
foto 6
foto 7



Grazas a Mundo por compartir con nós a Pelusita.

Unha visita de altura

A semana pasada visitáronnos as xogadoras e entrenadores do equipo de baloncesto Ensino.

foto1

As nenas e nenos de 1º e 2º de E.P. estivemos moi atentas e atentos, ao igual que o resto de Primaria, escoitando a presentación que fixo David de cada unha delas, e tamén poidemos preguntar aquelas curiosidades que tiñamos.

foto 2

Despois poidemos puxemos en  práctica a nosas habilidades co balón axudadas polas xogadoras e o entrenador.

foto 3
foto 4

Pasámolo moi ben!! Moitas grazas por esta visita tan tan especial!

7 de febrero de 2014

Día da Paz 2014

O xoves30 de xaneiro celebramos o Día da Paz en Galén. Participamos todo o centro dende Infantil a BAC.
 Este ano tivemos moi presente a un home, Nelson Mandela, que adicou a súa vida a procurar a paz. 
Todas e todos xuntos na entrada  do cole lembramos a vida e o legado que nos deixou o Premio Nóbel da Paz.

Os nenos e nenas de infantil despois do traballo de reflexión nas aulas, fixemos un mural con Nelson Mandela como personaxe principal ubicado nunha paisaxe de Sudáfrica na que descubrimos que non só hai sabana senón tamén grandes cidades, con grandes edificios e moito tráfico. E xunto a Mandela debuxamos nenos e nenas con diferentes características físicas (cor da pel, o pelo, altura etc...) mais todos e todas nenos e nenas cos mesmos dereitos e con moitas ganas de ser felices. 

Día da Paz Mandela mural EI 2 Día da Paz Mandela Mural EI 1 
As nenas e nenos de 1º e 2º de E.P. escoitamos con moita atención ao alumnado  de 1º de BAC que nos contaron quen era Nelson Mandela. Para reflexionar sobre a paz e tratar de atoparlle un significado, buscamos palabras que nos achegaran a paz. Saíron moitas: alegría, natureza, amigos, arte, ; con elas elaboramos un mural que chamamos: " En clave de Paz",  combinamos as nosas verbas coas frases tan sabias ditas por Madiba.
Emma e Alejandra foron as encargadas de ler a nosa reflexión: "Cremos que as claves da paz están no cariño e respecto. Coidándonos e axudándonos conseguiremos sacar o mellor de cada un e cada unha". 

Día da Paz Mandela 1ºe 2ºEP mural
Día da Paz acto 2
paz 2

4 de febrero de 2014

Proxecto Os Volcáns. Visita de Santi


Na clase das Águias iniciamos un proxecto novo co inicio do trimestre e estamos a investigar sobre os volcáns, tema que nos apaixona e motiva.
 Coma sempre, comezamos o proxecto coa información que nós mesmos fomos traendo da casa: libros, debuxos, imaxes... e descubrimos moitas cousas novas sobre este fenómeno que é tan fascinante coma perigoso! Pero as mentes inquedas seguimos querendo máis e por iso acordamos convidar a  un experto na materia para que compartise con nós os seus coñecementos... o noso amigo Santi, xeólogo e profe de bioloxía e xeoloxía dos maiores.
Veu unha tarde e contounos  un montón de cousas sobre os volcáns, os  diferentes tipos que existen, como se producen e por que, as súas partes... algunhas cousas xa as sabiamos do noso primeiro traballo de busca e clasificación de información e... deixámolo abraiado cos nosos coñecementos sobre o tema!

Visita Santi proxecto volcáns 1


Tamén nos amosou os tesouros que se poden atopar na súa clase:  trouxo rochas volcánicas de varios tipos e falounos das súas carácterísticas e propiedades: porosidade, peso, tamaño...Encantounnos poder ademais tocalas e comprobar nós mesmos as súas cualidades. 


Visita Santi proxecto volcáns 2


Visita Santi proxecto volcáns 3

As Águias queremos darlle moitísimas grazas a Santi pola súa visita que nos resultou moi interesante, sorprendente (poder mirar as rochas foi xenial) e divertida!
 E seguide atentas e  atentos ao blog porque o noso proxecto segue en marcha e iremos compartindo con vós todo o que vaiamos descubrindo e algún que outro experimento!!!

2 de febrero de 2014

Aniversarios de Xaneiro


Comezamos o ano con moita ilusión e con moitas ganas de facer cousiñas e... como non, de seguir medrando. Aquí vos deixamos as fotos dos nenos que cumpliron neste mes de xaneiro!
Parabénsss!!!

Aniversarios Xaneiro '14
 

Nós tamén fomos ao Museo!

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria fomos de visita ao Museo Provincial.
Recibiunos María e explicounos a actividade que nos tiñan preparada para coñecer as obras de arte que hai no museo. Primeiro dividímonos en grupos, cada un tiña unha foto da peza que tiñamos que buscar polas distintas salas, e unha vez que a atoparamos tiñamos que escribir unha historia sobre ela. 


foto 1-1

A nosa peza era unha escultura en bronce: “Lendo a carta do fillo”. Escribimos unha historia que coincidía moito coa que despois nos contou María. 
fillo-1

A nosa, era unha escultura moi, moi grande. Un San Francisco enorme cun lobo nas súas costas, e descubrimos a relación que tiña este santo cos animais. 
san francisco-1

A nosa peza estaba na cociña, era unha ola, pero das de antes. Ademais nesta sala había moitas pezas que nos eran familiares e de seguro que aínda máis para as nosas avoas e avós. 

cociña-1

O noso grupo tiña que buscar un reloxo, pero non dos que levamos nós...senón un reloxo de peto!
Foi complicado porque naquela vitrina había moitos. Descubrimos tamén un tren que lle encantou a Diego.

reloxo-1

diego


final


Pasámolo moi ben!! Moitas grazas María.