18 de noviembre de 2013

O bosque en Outono

O pasado venres, os nenos e nenas de  infantil visitamos o bosque que está preto da casa de Nicolás, da clase das Águias, na compaña de Gloria, a súa mamá, e as súas cadeliñas.
Foi ademais unha saída un tanto especial pois era a primeira vez que os nenos e nenas de 1º de infantil (a clase das bolboretas) saiamos de excursión e ... todos xuntos en autobús.Menuda experiencia!!!

En canto baixamos do bus estaba agradándonos Gloria con unha cestiña para recoller cousiñas polo bosque  e na compaña das catro agarimosas cadelliñas que nos acompañaron na camiñata polos arredores.
camiñata
A compaña de Pipa, Lúa, Greta  fixo que  o paseo fose aínda máis divertido: gustábanos moito acariñalas, a súa compaña prestaba e nos chamou moito a atención Pipa, que se pasou toda a mañá escarabellando no chan en busca de ratiños, toupiñas e...quen sabe que outros bechiños que detectaba co seu potente olfato. Mirade, mirade na foto que furado fixo!! casi se mete enteira dentro!
cadeliñas
Pipa
Fixemos unha longa camiñata  con moita ilusión de descubrir os segredos da aldea e do bosque no outono. Os máis pequechos fixémolo xenial e andivemos lentiños pero seguros e...sen separarnos!! somos un grupo!
camiñata 3
camiñata 2
Adentrámonos no bosque e atopamos un montón de cogumelos, follas de carballo e algún que outro becho que nos chamou a atención.
bosque

Tamén descubrimos un prado cheíño de dentes de león que...claro está! nos puxemos a soplar para ver voar as súas sementes diminutas como se fosen pequenos paracaídas. 
dente de León
dentes de león 2
 
Despois de tantas emocións e tanto exercicio precisabamos repoñer forzas, así que fomos a almorzar a casa de Nicolás e a xogar un ratiño no xardín da súa casa, onde vimos ás pitiñas e o agasallo que esa mañá deixara para os habitantes da casa. 
xogos
pita-ovo
 De camiño de volta ao bus vimos un cabeceiro onde se gardaba o millo para que non o comeran os ratos.
 grupo 
Foi unha mañá moi completa. Pasámolo xenial. Grazas Gloria por compartir con nós este paseo e abrirnos as portas da vosa casa. É un gusto contar con familias tan colaboradoras.

11 de noviembre de 2013

Magosto 2013


Chegou o tempo de outono, tempo das castañas e....como non o das festiñas como o Magosto con música, bailes e cancións.
Este ano, ademais de cancións que falan propiamente do rico froito, das adiviñas e poesías de castaniñas, traballamos na aula de música con cancións populares que a algúns de nós xa nos soaban de oílas nas festiñas populares ás que acodimos coas nosas familias. Aquela que fala dunha tal  Carolina que ten unha saia con un lagarto, ou a  das ondiñas do mar etc...

Foi unha festa na que todos e todas participamos con moitas ganas e ata aprendimos unha coreografía que os maiores de 1º BAC inventaron para a popular canción de "O Sacristán de Coimbra"...moi divertida!!

Nas aulas elaboramos as nosas caixiñas de castañas utilizando diferentes materiais de refugallo e enfeitándoos con diferentes técnicas: papeis de revista en infantil  e  follas naturais en 1º e 2º ep. A que quedaron chulos??

cucuruchos
Pero xa non vos contamos máis, só queremos compartir con vós as emocións vividas no video que aquí vos compartimos.





















6 de noviembre de 2013

Avanzando no Período de Adaptación

Os nenos e nenas de 1º EI seguimos no noso tan intenso periodo de adaptación.  Os días seguen a ser intensos en emocións e experiencias novas e pouco a pouco imos integrando de forma máis tranquila as novidades, os diferentes porfes que conviven con nós e imos e integrando tamén as novas rutinas.

Nesto último avanzamos notablemente. A sesta e o comedor son cada día máis gratificantes e reconfortantes e somos moito máis autónomos e autónomas  nestes momentos. Mirade mirade que ben o facemos xa! (perdoade a calidade das fotos pero é que a oscuras....)
sesta 4 sesta 3 sesta 2 sesta 1 COMEDOR1 COMEDOR 3 COMEDOR 2

 E vós famillias...como levades este intenso periodo de adaptación??
Esperamos os vosos comentarios ao final desta entrada. ANIMÁDEVOS!! este espazo virtual se enriquece das vosas intervencións.



Aniversarios en Outubro

Como vos prometimos, rematou outubro e .... aquí tedes o aniversario do mes que se celebrou na "Clase das Bolboretas"
Parabéns que nos facemos grandes!!

Cumples EI Outubro

5 de noviembre de 2013

HALLOWEEN PARTY DAY 2013!

Ola queridas familias!

O pasado mércores 30 celebramos, por fin, a festa que con tanto entuasiasmo agardabamos e para a que tanto nos preparamos. Para algúns foi a primeira festa Halloween e non deixamos de abraiarnos con tanto disfraz variado, tanta excitación, tanto ruxir, tanto trick or treat... foi espectacular. Para outros  non foi tan novidoso, pero non por iso menos espectacular.

Os nenos e nenas de infantil comezamos a mañá preparando o postre para todo o cole "Witches' fingers", mentres que os nenos e nenas de 1º de primaria xa fixeramos un montón a tarde anterior. E mentres uns cociñabamos, os nenos de nenas de primaria fomos maquillados polos mozos e mozas de 4º da E.S.O. Agardando o noso turno para poñernos nas súas mans, fomos facendo uns libriños que nos prepararon de halloween.

NURSERY COOKING

NURSERY COOKING 1

NURSERY COOKING 2

PRIMARY 1 COOKING 2

PRIMARY 1 COOKING

PRIMARY 1 MAKE UP

PRIMARY 2 MAKE UP

PRIMARY 2 FRONT DOOR

Rematado o recreo de primaria, fomos para a aula de música, totalmente decorada e acompañada de algún que outro Jack-o'-Lantern que fixeramos uns días antes, e preparámonos para a gran actuación. Todas foron fantásticas! Para os nenos e nenas de 1º de primaria estreábamonos na nosa primeira festa de halloween cos maiores e fixémolo de marabilla. Foi moi divertido!

PRIMARY 1 PERFORMANCE

PRIMARY 2 PERFORMANCE

Despois da actuación voltamos a clase e agardamos o noso turno para recibir e facer o trick or treat cos nosos compañeiros e compañeiras. Xa co noso treat a bo recaudo, marchamos comer un menú... de medooooo!

NURSERY HALLOWEEN LUNCH

NURSERY LUNCH 1

Pola tarde, mentres todo o cole visionaba películas de medo, os nenos e nenas de Infantil tivemos a nosa propia festa con actuacións:  o típico trick or treat e unha película de halloween todo elo enfeitados cos disfraces que preparamos días antes na aula de Inglés.

NURSERY 1 PUMPKIN COLOURING

NURSERY 1 PERFORMANCE

NURSERY 2 PERFORMANCE

NURSERY 3 PUMPKIN COLOURING

NURSERY 3 FACE STICKERS

NURSERY 3 PERFOMANCE

NURSERY TRICK OR TREAT

Foi un día, sen dúbida, moi especial  que agardamos volver a gozar o curso que vén!