25 de junio de 2013

Maios 2013

Este ano parece que as estacións foron con certo retraso e aínda hoxe estamos agardando que o verán chegue de cheo, pero non por iso deixamos de gozar de cada unha delas e das súas marabillas.
Tamén con certo retraso colgamos esta nova para poder compartir con todos e todas unha das festas máis fermosas do curso. Como todos os anos no tempo da primavera as flores son as protagonistas e en Galén facemos delas o centro da nosa celebración dos populares "Maios" poñendo música e cor a unha festa ben fermosa que ano tras ano nos ameniza nesta recta final de curso. 
Deixámosvos aquí un vídeo do acontecido.


 

10 de junio de 2013

Unha viaxe emocionante: O Rexo, 2º e 3º EP

A nosa viaxe ao Rexo foi moi emocionante. Coñecemos un sitio novo cheo de sorpresas!!

O albergue da Fundación está na provincia de Ourense nun contorno natural no que a xente pretende conservar a paisaxe e os medios de vida tradicionais. 
O primeiro que fixemos ao chegar foi coñecer o albergue (que parecía un hotel e moitas veces o chamabamos así) e o contorno natural cunha visita á granxa de ovellas latxas. Puidemos coller os años e aprendemos o proceso de elaboración do queixo de ovella que está boísimo 
0 LUGAR
1 FOTO
2 FOTO
 

 O segundo día fomos a Allariz e fixemos xogos para coñecer o centro histórico e as beiras do río Arnoia. Tamén visitamos o Festival de Xardíns e entramos no labirinto. 

3 FOTO
4 FOTO
 
 Houbo tempo para xogar e as profes non o pasaron mal...
5 FOTO
  
 Pero sobre todo houbo tempo para gozar do tempo libre, do contacto coa natureza e para estreitar os lazos de amizade. Todas e todos coincidimos en que, xa que non nos podíamos quedar no Rexo, queríamos volver.

6 FOTO
7 FOTO

9 de junio de 2013

Un Soño Africano

Ola!!! Aquí vos deixamos as derradeiras imaxes do Soño Africano que vivimos esta semana.
Elaboramos un mural de África e tiras con motivos africanos para decorar o corredor. Para caracterizarnos tamén nos esmeramos moito: fixemos pulseiras, colares, cintas para o pelo e pintamos o noso traxe africano... Ah, que non se nos esqueza dicir que decoramos a choza da Selva Yembé! Podedes ver o ben que o pasamos e o chulo que nos quedou todo...

Preparación semanas africanas

Preparación semanas africanas 1

Obradoiros africanos


 Despois de comer os pequeafricanos e pequeafricanas fomos xogar á Selva Yembé e como podedes comprobar pasámolo xenial!

Carballeira 


Con tanto xogo e actividade acabamos esgotados polo que descansamos un pouquiño na sabana dos Leóns mentres comiamos chuches e viamos a película "Kirikú y la bruja", que, por certo, non engaiolou... non hai máis que ver as nosas cariñas!

Peli e caracterización


 Vivimos unha aventura africana máxica coa que gozamos moitííísimo, pero tamén vos botamos moito moito de menos e xa nos tardaba estar con vós... Grazas a todos e todas por compartir con nós unha experiencia marabillosa!

7 de junio de 2013

Bos días África!!!

Bos días a todos e a todas!!!
os nenos e nenas de 1º e 2º de Infantil amencimos sobre as 8:30 da mañá despois dunha estupenda noite na que todos e todas durmimos ben e estivemos moi moi quentiños nas nosas tendas.
Duchámonos despois do teatriño africano (na foto podedes vernos preparados coas nosas maletas no pabillón antes de organizarnos para ir á ducha), ceamos....
ducha


A noite de onte foi máxica. Despois da cea estaba esperándonos unha supersorpresa fóra: o lume de campamento e os músicos que axudaron a que a festa fose eso mesmo, unha festa. Xa se sabe que onde hai gaita, tamboril, acordeón e pandeiretas....hai baile e festa!!! 
Que ben o pasamos, canto bailamos e o lume....fixo que pouco a pouco fosemos quedando durmidos...que poder o do lume!!!

lume


 Así que xa vedes trouleamos, durmimos, descansamos e....hoxe é un novo día de grandes aventuras e experiencias: obradoiros, buscas de tesouros, apariciónd e máis personaxes etc.....

Estamos moi moi contentos e tamén con ganas de vervos á tarde e contarvos (ou non) o vivido nestes dous intensísimos días.

Unha aperta moi forte dende África!!

6 de junio de 2013

Primeiro día en África

Aquí chegan as últimas novas!!!! por fin verdade????

 O noso primeiro día en África foi moi moi intenso:
Chegamos á costa Africana, como sabedes, sen moito sol pero con moitísimas ganas de gozar da area e dos xogos cos compañeiros e compañeiras.
Á hora de xantar moitos de nós tiñamos fame como para comer un....búfalo pero a empanada riquísima e os bocatas sentaron moitísimo mellor aos nosos estómagos aínda por adaptar aos costumes do novo continente.

praia3

Unha vez cargadas as pilas, aproveitamos os últimos momentos de area para despedirnos deste lugar tan especial cuns riquísimos xeados.

xeados


 De volta á sabana botamos unhas cabezadiñas...

buss
  

 ...o suficiente para recargarnos as pilas de cara ás sorpresas que aquí nos agardaban: unha nena africana e un elegante home de negocios que despois de moito moito partillar chegaron a facerse amigos.

A historia era que o executivo chegou á sabana  procedente da grande cidade con  intencións de construír grandes edificios e acabar coa natureza e animais que poblan esta fermosa sabana. Grazas ao poder de convicción de Mama-mandela o home cambiou de idea, conseguíu valorar a riqueza africana e ata se fixeron amigos.

teatro2
teatro1

 Despois desta apaixoante historia marchamos ás duchas, xogamos un pouco e....a cea xa estaba esperando!! que rápido pasa o tempo cando o estamos a pasar tan ben. E ceamos coma leóns: crema de verdura, macarróns e iogur.
cea


 E chegou o momento máis máxico da xornada: o lume de campamento!!! Pero desto non teremos fotiños ata mañá.

 Mañá pola mañá contarémosvos como foi a noite e os plans para o día.
 Descansade familias que nós estamos ben acompañados e coidados e durmiremos ben porque estamos moi moi cansos de vivir tantas emocións. Ata mañá!!!

Estamos de regreso!!

Olaa!
os nenos e nenas da clase das Fadas e da clase dos Leóns xa estamos de volta da praia. Pasámolo xenial e agora mesmo estamos a gozar das sorpresas que no cole nos esperaban.
Esta noitiña teredes máis informaciñón e fotos.
Biquiños!!!

Marchamos a África!!!

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Infantil iniciamos hoxe a nosa aventura. Si, si, hoxe tócanos a nós irnos de viaxe e este ano imos nin máis nin menos que a "África".
Como sabedes, a saída de infantil sempre ten un enfoque máxico, con lugares lonxanos que visitar e personaxes máxicos que nos visitan cada ano. Irémosvos contando ao longo do día de hoxe e mañá.

De momento contarvos que xa estamos na praia (bueno, na costa africana). Chegamos sobre as 11:30 e aínda que está nublado parece que o sol quere saír e temos tantas tantas ganas de gozar da area e da auga que casi que de momento non nos importa.

Esta mañá no cole as emocións se concentraron en pouco tempo: a ilusión por vivir esta xenial aventura que levamos preparando dende a semana pasada, a despedida das mamás e papás e....as emocións dos papás e mamás cando nos despedían. Que ben o imos pasar e que grandes nos estamos a facer, non si? 
 Bueno familias, pois seguiremos informando. 
Se vos apetece estaría xenial que compartírades con nós a través dos comentarios nas diferentes entradas como estades a vivir vós dende a casiña esta aventura. Veña animádevos a comentar!!!!
Esperámosvos!  

5 de junio de 2013

Xornadas da cultura III: ábrese o telón!!


Como xa vos contamos aquí, e aquí, o mes de Maio todo o cole o adicamos á homenaxe da cultura en todas as súas manifestacións.
Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria fixemos os nosos proxectos centrándonos no teatro e na poesía, mirade mirade:


tartapato 0-0
Os nenos e nenas de 1º de E.P. rematamos a Semana da Cultura representando dúas obras de teatro: "A tartaruga que quería durmir" e "El pato con botas". 
Todo comezou lendo estes libros, gustáronnos tanto que pensamos que se podían converter en teatro. Decidimos quen eran as personaxes e que decía cada un deles, se iamos necesitar un narrador, ou narradora para que fora contando a historia e tamén miramos que obxectos necesitabamos para as obras. 
Unha vez decidido isto, mans á obra. 
Memorizamos o texto e ensiamos os xestos, o ton de voz que tiñamos que poñer, onde tiñamos que situarnos. Ensaiamos moitooooo! Cando xa estabamos preparados e preparadas pensamos que estaría ben facer unha invitación para as mamás e papás e tamén un resumo para que souberan de que trataban as obras e quen eran as distintas personaxes. 
Chegou o día!


 "El Pato con botas"

pato 1-1
pato2-2
pato 3-3



     "A tartaruga que quería durmir"

tartaruga 1-1
tartaruga2 -2
tartaruga 3-3 
tartaruga 4




Os nenos e nenas de 2º de Primaria preparamos un recital poético coas nosas primeira creacións poéticas. Pasámolo moi ben e cremos que non só gozamos nós senón tamén todos/as os que nos acompañastes
Como o fixemos? pois con moito traballo para que todiño saíse ben. 
Primeiro lemos un montón de poesías. Analizamos a súa linguaxe, os sentimentos, os recursos estilísticos... "La canción del pirata" foi unha das nosas preferidas. Comprobamos tamén as diferencias entre prosa e poesía e "lanzámonos" á busca de palabriñas máxicas, especiais, bonitas,... no diccionario. 
Unímolas a adxectivos e fixemos comparacións. Logo, coma se fose un crebacabezas, encaixámolo todo para que rimase e... o resultado foi xenial!!  E quixémolo compartir coas nosas familias e compañeiros e compañeiras nun emotivo acto literario.

poesía 2-2
poesía 1-1
poesía 3-3
poesía 4  -4
posia 4 -4-4
poesía 5-5
 

2 de junio de 2013

Saída a Garabullos

Ola a todos e todas, como xa sabedes esta semana estivemos  tres días na granxa-escola Garabullos na que vivimos inesquecibles experiencias e, para que vos fagades unha pequena idea do ben que o pasamos, aquí vos deixamos algunhas fotos.

A despedida das nosas familia foi un pouquiño triste para nós, pero unha vez no bus a ilusión fixo acto de presenza e cantando cantando o tempo pasou voando e chegamos á granxa.

1. BUS


Ao chegar repartímonos en tres habitacións: na primeira "Os cabalos": Claudia, María, Dani, Rafa, Julio, Alejandra e Mila. A segunda habitación "Os porcos": Álex, Mauro, Ángel, Alonso, Álvaro, Antón e Ana, e na terceira habitación, "As Vacas" durmiron: Sara, Carla, Adrián, Isaac, Emma, Antonella e Cris.

2. GARABULLOS


As actividades que realizamos foron moi diversas. Nos obradoiros de cociña elaboramos pan e galletas, pero o que máis nos gustou foi o momento de degustación!

3. BREAD


En Garabullos estivemos rodeados de animais, dende os canciños e gatiños que nos acompañaron en todo momento, ata as cabras, cabalos, burros, patos, ocas, galiñas e coellos aos que demos de comer, limpamos, e mimamos moitísimo. Esta experiencia foi moi gratificante e enriquecedora para todos e todas porque aprendimos como acercarnos a eles, que lles molestaba e que lles gustaba, que comen, como se limpan e en definitiva, a respectalos. 

4. DOGS

8. ANIMALS 3

7. ANIMALS 2

6. ANIMALS


  A comida estaba riquíííísima, aquí podedes ver as nosas facianas de deleite!

10. EATING


O entorno privilexiado da granxa permitiunos coñecer e explorar bosques máxicos. Descubrimos que alí  vivía o "Trasno Pit" e atopamos dúas das súas moradas (cambia de casa cada semana) e nelas atopamos unha bufanda, un gorro, pegadas, unha chaqueta e até restos de comida!

9. LOOKING FOR PIT


Gozamos da natureza e de todas as marabillas que nos ofrece, e aprendemos a identificar distintas variedades de flores e plantas autóctonas que recollimos para elaborar ambientadores con material de refugallo.

Ambientador


Vimos o níño dunha cegoña e a súa cría coa axuda dun telescopio portátil.

14. STORK

Cegoña
 

E como non... tamén xogamos!

5. PLAYING

  
 Chegou a derradeira noite e quixemos facer unha gran festa para despedirnos. Disfrazámonos, puxemos música e bailamos até moi tarde porque estabamolo pasando taaaaan ben que non nos queriamos deitar!!!

13. PARTY 2

12. PARTY


  Con tanto axetreo non puidemos evitar caer en brazos de Morfeo... e espertar con moitas forzas ao día seguinte! 

11. SLEEPING & WAKING UP


Aquí nos tedes, mirade que cariñas de cansanzo e ledicia traemos sabendo que nos estades agardando no cole e que vos imos ver, porque a pesares de pasalo xenial, tamén vos botamos moito moito de menos!

Bus de volta