28 de octubre de 2012

A natureza no outono

castañas 1

 Xa estamos no outono!!! e con el chega o tempo das castañas, dos cogomelos, das landras e de algunhas flores que tivemos a ocasión de descubrir, moitos de nós por primeira vez, o pasado xoves grazas á mamá de Adrián de 3º EI que nos levou a un lugar ben bonito chamado Ludrio, pretiño da súa casa.

 Saímos do cole pola mañá cedo e subimos no autobús. Para os nenos e nenas de 1º EI era a primeira vez que saiamos do cole no bus e estabamos moi moi emocionados e emocionadas!!! que ilusión ir de excursión cos nosos compis, coas nosas profes e ademais EN BUS!!.

 Cando chegamos vimos dous castiñeiros cheíños de ourizos e no chan....pois moitos máis! así que enseguida nos dispuxemos a apañalos axudándonos dos pes para non espiñarnos e abrir os ourizos que se resistían. E segundo iamos apañando, descubríamos outros moitos tesouros que a natureza nos agasalla no outono: cogomelos, bechiños, follas e flores e ata algunha amora que aínda quedaba para que puideramos degustala.
Como vedes nas fotos había moitas flores  que soubemos se lles chama "quitamerendas" porque cando saen xa remata o tempo de poder merendar no prado, na herba sentados.

Pasámolo moi ben, corrimos polos prados, descubrimos diferentes tipos de cogomelos, xogamos na natureza, falamos co eco e gozamos dunha mañá soleada en moi boa compaña. Grazas Marisol. 


castañas 2
castañas 3
castañas 5
castañas 6
 

castañas 4

E iniciamos así a primeira das colaboracións das mamás e papás das tres aulas de Infantil, e coma sempre ademais de agradecervos a vosa sempre disponibilidade queremos animar ás familias de 1º EI a lanzarse a esta xenial experiencia de comparir cos nenos e nenas, dentro ou fóra da aula, un ratiño moi especial....bueno, e as demais familias xa sabedes que estamos encantadas de que repitades experiencia!!!! Esperámosvos familias!!!

1 comentario:

  1. Bueno compañeiros, esta saída estivo super natural e educativa para os nosos nenos!!! Inculcarlles todo o que temos na natureza e moi bonito sobre todo para que empecen a valorar o que temos!!!!
    Marisol, felicitacións!!! os nenos notase que o pasaron xenial!!!!. Cris

    ResponderEliminar

A vosa participación tamén é importante....contade!!