25 de septiembre de 2012

Oferta cultural para os máis pequenos

Xa sabedes que tamén nos gusta informarvos a través do blog da oferta cultural de algunhas institucións non só da nosa cidade, senón tamén das máis cercanas ou daquelas outras nas que cremos que merece a pena un pouco de desplazamento dada a calidade que poden ofertar.
 Recomendámosvos coma sempre que periodicamente visitedes a oferta do Teatro Colón de A Coruña que teñen unha ampla programación infantil ao longo do curso.
No Palacio da Ópera tamén teñen unha oferta musical e teatral de calidade.
 E agora que xa empezou a funcionar, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela temos xa a dispoñible a primeira porgramación de música clásica dirixida ao público máis pequecho. Chámase PEQUECLASSIC e premendo enriba xa vos redirixe ao sitio.

 Pero para facilitar a visita periodica a estes sitios, quedan permanentemente enlazados na columna da esquerda do blog que chamamos "para curiosear". Non deixedes de visitar porque ao longo do curso aparecen novidades.

 Da oferta da nosa cidade xa vos iremos informando. De momento podedes ir vendo os avances na programación do San Froilán, que coma sempre conta coa sección especial para nós chamada San Froilanciño.
 E para arrancar antes das festas con algo de humor, non deixedes de asistir ao Festiclown. Aquí tedes o programa.

 Esperamos que gocedes dos diversos espectáculos e....xa nos contaredes nas aulas!!!

Período de adaptación 1º EI

Aquí tedes as fotiños prometidas do ben que o estamos a facer na adaptación ao cole os nenos e nenas de 1º EI. Esta é a segunda semana de xornada completa e a verdade é que o estamos a levar moi ben. Os xogos na aula e no patio, a convivencia cos nenos e nenas máis grandes, o comedor e a sesta.


 Aquí podedes vernos!!
!collagepatio collage comedor2 collage comedor sesta1 sesta 3 sesta 2
 E vós, familias como levades o período de adaptación?
 Estaría xenial se compartirades con nós a vosa vivencia. Veña animádevos aquí abaixo!

13 de septiembre de 2012

Empezamos o cole!!! curso 2012-13

blog2

 Xa sabemos que moitos de vós estabades xa esperando novas a través do  blog e...pedimos disculpas por esta tardanza pero entre os preparativos nas aulas, os recibimentos e o intenso dos primeiros días non puidemos inicialo antes.

Aquí estamos un ano máis, famillias, mestres, nenos e nenas iniciando un novo curso con moitas ilusións, expectativas e proxectos. Dende aquí damos tamén a benvida ás novas familias de 1º EI e darvos a todos e todas as grazas por seguir confiando en nós, en todo o equipo de Galén Centro Educativo, para acompañarvos na aventura de medrar cos vosos fillos e fillas, facendo xuntos o camiño (de aí a foto dos seus peíños)
 Para as familias que vos incorporades agora, e tamén para as que xa sodes seguidoras, lembrarvos que este blog pretende ser unha vía de comunicación entre o cole e a casa, para que vaiades vendo algunhas das cousiñas que vivimos nas aulas e fóra delas. E dicimos algunhas porque a verdade é que non somos quen de plasmar todo o que nos acontece...son tantas emocións, tantas sensacións e descubrimentos.....

Esperamos os vosos comentarios e aportacións para enriquecer este blog e poder facelo un pouco máis ameno e participativo. Xa sabedes, ao final de cada entrada tedes o espazo para os comentarios
Animádevos que vos esperamos con ilusión!!!

E...claro que si!!! en breve teredes fotos destes primeiros días de cole......estade atentos!!

Benvidos e benvidas ao Blog de Educación Infantil!