22 de junio de 2012

Saca a Lingua!!!

Este é o título do Obradoiro que tivemos ao longo do curso os nenos e nenas de Infantil e primeiro ciclo de primaria no que a partir dos contos, cancións e diferenets tipos de texto fomos aumentando a nosa competencia lingüística en Galego.

Pero despois do  primeiro  trimestre e vendo a cantidade de cousas que se nos ocorrían e o ben que o faciamos, decidimos preparar un programa de radio. E...puxémonos mans á obra.

O primeiro paso foi investigar ao redor deste medio de comunicación ao que a moitos de nós nos parece un tanto máxico pois aínda non entendemos moi ben como a xente que nela fala fai para chegar ás nosas casas, onde fan o programa, de que se fala na radio, que contidos hai etc.......
Así que entre todos e todas decidimos contidos,  repartimos traballo, fixemos a  escaleta, elaboramos os textos, memorizámolos e démoslles forma para finalmente grabar no estudio do cole este programa de radio que agora queremos compartir con vós.
Aquí o tedes e esperamos que vos guste porque para nós foi un traballo longo e duro pero que mereceu moito a pena.

21 de junio de 2012

Día de picnic en Rábade

Hoxe, como todas as semanas de fin de curso dende hai xa 12 anos, os nenos e nenas de Educación Infantil e as mamás e papás que nos puideron acompañar, pasamos o día no centro Santo Anxo na compaña de Alberto e Enrique que tantas cousas nos ensinan sobre os animaliños que alí coidan.
Unha vez máis queremos agradecerlles a súa sempre boa disposición a compartir con nós os seus saberes sobre o mundo das aves e o seu estupendo espazo natural. Grazas, encántanos reencontrarnos ano tras ano con vós.

Os máis pequenos iniciámonos no mundo das aves e os que levamos anos indo tiñamos moitas moitas ganas de volver a ver e recordar...e recordabamos moitas cousas si....e ampliamos coñecementos e por suposto experiencias, emocións e aventuras.

Alberto e Enrique foron guiándonos polos diferentes espazos: a zona de incubación, os escondrixos onde as aves poñen os oviños, a corte das vacas, o galiñeiro, a zona dos chivos etc.....

Vimos e tocamos diferentes ovos de animais....dende o máis grande da avestruz ata o máis pequeno de canario así como os niños onde as mamás ou papás os quentan ata que saen os bebés. ovos
 Na zona das incibadoras vimos como estas máquinas fan as veces de mamá que quenta os oviños, como se sabe se un ovo ten embrión ou é para comer e puidemos tocar a un poliño de faisán que recén saíra do ovo

 pitiños

Tamén comprobamos os diferentes tamaños de cráneos de diferentes mamíferos. O máis grande de xabarín e o máis pequeno de toupiña. craneos
 Andivemos na busca dos agochos que hai para que as aves aniñen, e ademais de comprobar se había bichiño dentro quixemos comprobar que se sinte alí dentro meténdonos en todos os recunchiños que
 atopabamos.

bichos2
E estivemos coas que cada ano son as estrelas da visita: as cabras e os ñandús. E ademais este ano había novidades xa que Domingo, o ñandú,  tiña novos compañeiros e compañeiras. E tiñamos preparado un cubo con pan para darlles de comer aos Chivos chivóns, como os do conto!!



 bichos
Este ano tamén contamos coa participación de algunhas familias que nos acompañaron no percorrido, no xantar e despois compartiron o rato de xogos. Grazas a todas e a todos, pasámolo moi moi ben e parece que estivemos todos moi a gusto verdade???  é xenial poder compartir momentos familia-escola dunha forma  tan distendida e compartindo momentos cos nenos e nenas.
... familias 1 familias 3 familias 2  ben o pasamos
 E xa chegada a hora de marchar estaba agardándonos Alberto con unha sorpresa: plumas dos pavos reais que nos acompañaron todo o día dende o alto dos tellados. Que chulas! pavos

16 de junio de 2012

Aventura no bosque das fadas.

Como vos contamos na anterior entrada, o Venres, segundo día no bosque máxico, vivimos moitas aventuras.
Tal e como leramos o día anterior na carta que a Raíña das fadas nos manadara, tiñamos que poñernos en marcha para construír aqueles elementos indispensables que necesitabamos para converternos en auténticos elfos, fadas e trasniños do bosque.
Así que despois de almorzar e vestirnos, puxémonos mans á obra nos obradoiros e coas nosas mans fixemos: unha variña máxica, un saquiños para gardar os polviños máxicos e un cinturón para levalos sempre ben pretiño de nós.
.
Estes elementos xunto coas coroas que fixeramos na aula os días antes máis a camiseta que tinguimos compuxeron a nosa indumentaria de seres máxicos e......funcionou siiiii!!!!
Cando rematamos apareceu a Raíña das fadas que nos nomeou a cada un de nós responsable de un elemento da natureza porque.....sabedes? os elfos, fadas e trasnos se encargan de que a natureza funcione á perfección: a fada da luz, o elfo do vento, o trasno das volvoretas.......

Esa fada grande é ela, a Raíña das Fadas. .
 Aquí nos tedes os días antes preparando as camisetas fadas 3 

  fadas 2


fadas 1
 E ademais a Raíña traía un mapa que indicaba o camiñona seguir no bosque para atopar un cofre cheo de doces da natureza que.....ATOPAMOS!!!.
.

 E despois de un longo día de emocións e aventuras só nos quedaba "xogar a ser" no bosque máxico.
collage fadas
 Foi unha experiencia estupenda e aínda que cansos o xoves pola tarde, estamos desexando poder repetir experiencia o curso que ven!!!

E aos papás e mamás, que vos pareceu???  Estaría xenial que compartiramos a través deste blog as vosas sensacións, impresións e como vivístes esta aventura tamén para vós. Esperamos os comentarios!!!

14 de junio de 2012

Así foi a noite no Bosque Máxico!

Bos días a todos e todas dende o bosque máxico.
A tardiña e noite de onte foron xeniais!  cando chegamos da praia fomos á craballeira e....sorpresa!!!! atopamos a casiña dunha fada que andaba na procura dun elfo que lle fixera compaña para poder xogar xuntos. E así con esta "Fairy" e "Elf" que falaba en inglés pasamos un rato divertido e ....axudámoslles a atopar ao Elfo.

carballeira 1 carballeira 2 carballeira 3
 Despois de xogar un ratiño no bosque das fadas e dos elfos tocou ducha. E foi moi moi especial compartir o momento baño cos nosos compañeiros e compañeiras e os profes que nos axudaron a organizarnos e vestirnos para a cea e velada.

Ceamos e despois......grande foliada con lume de campamento. Si, si, como ledes, tivemos músicos e nós fixemos de danzantes. Aquí tedes as fotos, non de moi boa calidade pero vese a esencia do momento verdade?
foliada
 E cando as pernas non daban para máis bailes e os ollos empezaban a pecharse metímonos nas tendas de campaña, cada grupiño co profe que elexira: Ana, David, Carmen e Cris.
E durmimos, si, durmimos todos e todas sen problema, a gustiño cos nosos amiguiños e as nosas profes que tanto nos coidan e acompañan nesta grande aventura que é medrar.

Hoxe quédanos unha mañá do máis intensa con obradoiros e algunha sorpresa máis e a tarde adicarémola a descansar e ver unha peli de fadas, claro!
  Cando remate o día contarémosvos como foi o desenlace.
Bicos a moreas!!


13 de junio de 2012

Fotos!

Como o prometido é débeda aquí tedes algunhas imaxes do estupendo día que pasamos. So só unha pequeniña mostra do ben que o estamos a pasar.

Xogando coa area:
praia 3 praia 2 praia 1

Comendo un xeado:
praia 4praia 5
Agora son as 21:00 e imos cear. Despois velada e lume e....a durmir!! Mañá contarémovos como foi a festiña e a noite pero do que si podedes estar seguros e de que está a ser unha experiencia inesquecible. Durmide tranquilos papis, mamis estamos ben e en boa compaña. Chuchiños!

De regreso ao bosque máxico!!

Ola!! son as 19:15 e estamos xa de volta no Bosque máxico (Galén).
Tivemos un día de praia fantástico. Pola mañá nubladiño pero con boa temperatura, ideal para xogar coa area e cos nosos amiguiños.
Despois de xantar e repoñer forzas as fadas mandáronnos as raoliñas do sol para que puideramos gozar da auga. Pasámolo xenial xogando na auga e a verdade é que prestou ben porque facía bastante calor.
Despois de carreiras pola area, xogos de movemento e de recoller as mochilas comimos un xeado e subimos ao bus.
Na viaxe de volta todos e todas quedamos durmidos e a verdade é que nos veu moi ben porque nos quedan moitas sorpresas agora pola tardiña: teatro, xogos, ducha, cea e velada con lume de campamento.

Agora non podemos subirvos fotos pola conexión pero en aprox. 1 horiña teredes algunhas.

Esperámosvos aí!!!

Bicos familias que o estamos a pasar moi moi beeeeeeeeeeeen!!!!!

Xa chegamos á Poza dos desexos!

Os nenos e nenas de 1º EI e 2º EI  empezamos esta mañá unha aventura inesquecible: hoxe e mañá estamos de estadía de verán que este ano está inspirada nos seres máxicos do bosque: Elfos, Fadas e Trasniños.
Para algúns esta será a nosa primeira excursión e a nosa primeira noite sen as nosas mamás e papás e para os nenos e nenas que xa vivimos esta experiencia o ano pasado gozaremos de sentirnos os expertos na expedición.
Hoxe pasaremos o día na Poza dos desexos (Praia de Cabanas, Pomtedeume). Alí xogaremos coa area, comeremos de picnic e se o sol nos acompaña bañarémonos para cargarnos de poderes máxicos que utiizar e poder mañá converternos en auténticos seres máxicos do bosque.

Agora son as 12:00 e xa estamos instalados na area. O ceo está un pocuo cuberto pero adivíñanse algúns claros ao lonxe. Seguro que pola tarde podemos achegarnos á augaaaaa!!

Seguirémosvos contando! Esta tarde-noite teredes máis novas.



11 de junio de 2012

Patch at Gonzalo's home!

Ola! Hai pouco tempo, Patch estivo na casa de Gonzalo para pasar o día e a noite con el e a súa familia. Foron ao parque e xogaron moito. Encantoulle, e así mo fixo saber. Logo marcharon para casa e descansaron, xogaron e despois de cear deitáronse. Foi un día intenso e moi bonito. Thank you Gonzalo and family! Grazas por compartir as fotos con nós. 2. Having fun 3. Down the slide 4. Bedtime

Patch at Samuel's home!

Ola familias! Hai pouco tempo, Patch estivo con Samuel e a súa familia. Foron ao parque  e xogaron moito xuntos, tanto que o noso amigo Patch caeu rendido no carriño. Tamén cociñaron a cea, unha deliciosa pizza. Foi un día tan intenso que Patch durmiu e descansou de marabilla. Á mañá seguinte, almorzaron, aseáronse e marcharon xuntos para o cole. Thank you Samu and family! Grazas por compartir as fotos con nós. 03 - Picking up flowers 06 - Making pizza 09 - Washing our hands

Patch at César's home!

Ola a todos e todas!
Hai uns días, Patch fou a casa de César e a súa familia. Coñeceu un can que pareceu simpatizar moi ben con el. Xogaron, aseáronse, cearon e durmiron xuntos. Logo de descansar, preparáronse para vir ao cole e alá foron. Patch pasouno pipa e así mo dixo. Thank you César and family! Grazas por compartir as fotos con nós.
2. In love. 3. Shower. 5. Gunite.

1 de junio de 2012

Último día Kiriko

Como o prometido é debeda, aqui tedes máis fotos.

Fotos da festaza de despedida



. . Dos obradoiros de onte: . . . E da tarde de piscina e xogos de auga porque como ía tanta calor cambiamos o obradoiro do ovo polas actividades acuáticas. .

POis así de ben o pasamos. Agora só nos queda a viaxe de volta e contarvos de primeira man todas as vivencias, emocións....bufff seguro que teremos moito moito que contar e......moito, moito que descansarrrrrr.
 Sobre as 15:30 saberemos xa a que hora está previsto que cheguemos ao cole. A partir desa hora podedes chamar o cole ou consultar na páxina.

Noite de festa no Kiriko

Aínda que con un pouco de retraso pola conexión lenta das montañas, aquí tedes alhungas fotos do día de onte.
Pasámolo xenial nos obradoiros e o sol quentaba con toda a súa forza polo que de novo tarde de piscina.

Pasamos a noite moi ben despois da festa de despedida na que bailamos, cantamos e compartimos emocións cos nosos compañeiros e compañeiras, profes e monitores/as. A ver se ao longo do día podemos amosarvos algunha foto máis. de momento aquí están estas.




. Obradoiro do proceso da la, con tear e todo! . . . . . . Tamén ao longo do día vos diremos a que hora temos previsto chegar.
Entrade aquí d ecando en vez para informarvos e gozar das fotos.
Empeza a reta finaaaaaaaal!!!!