Ola!
Esta fin de semana Robby, Patch e mais eu pasámola xuntos. Fixemos un montón de cousas, entre elas ir ao parque a xogar á pelota, logo comezou a chover e marchamos á casa para xantar e despois fixemos un brownie de chocolate. Tivemos una marabillosa visita de Marina, a miña afillada, e xuntos tomamos o té mentres merendamos e logo estivemos a ler o conto de Rapunzel, en inglés claro. Ao rematar xa era hora de cear. Depois lavamos os dentes e descansamos un pouco vendo a tele. Vimos Horton, unha fantástica historia dun elefante que axuda a un minúsculo mundo que vive nunha flor.
O día pasou rapidísimo, e cando nos demos conta xa era hora de marchar para a cama. Así o fixemos. Alí Marina e máis eu lemos un conto e en canto Robby e Patch se quedaron durmidos, Marina marchou para a súa casa... apagamos a luz e descansamos moito e ben.
Foi un día espléndido. Deixámosvos as fotos que amosan o fermoso día compartido cos nosos amiguiños. Tamén nos gustaría que vós fixerades o mesmo para así gozar todos e todas delas.
22 de abril de 2012
18 de abril de 2012
Actores e actrices.
Seguro que algúns de vós xa nos vistes estes días no cole....cámaras de televisión, micros, grúas polo patio..... e é que todo o cole estamos inmersos no proceso de gravación dun videoclip sobre o lavado de mans que formará parte dunha campaña que o Ministerio de Sanidade está a preparar para conmemorar o 5 de maio o Día Internacional do Lavado de mans.
Son os rapaces e rapazas de 3º de ESO os que crearon a idea do video, os contidos, escenas, a letra da canción... e agora os encargados/as de produción xunto cos profesionais da Fundación Tic que nos apoian na parte máis técnica.
Onte gravamos as escenas de exterior na que colaboramos todo o centro e hoxe pola mañá fixemos a nosa pequeniña escena na aula de 1º EI. Foi toda unha experiencia: rodeados de cámaras, claquetas, palabras como "Acción" ou "prevenidos" que nos chamaron tremendamente a atención e sentímonos por uns instantes como verdadeiros actores e actrices.
Deixámosvos aquí algunhas imaxes do momento.

Visita ao CENTRAD
O pasado venres estivemos de visita no Centro de Artesanía e Deseño e alí puidemos ver e ata tocar instrumentos antigos, os traxes que fai moitos anos vestían en Galiza homes, mulleres, nenos e nenas e fixemos xogos para atopar as diferentes pezas de ourivería que alí teñen.
Por todas partes cousas interesantes e que nunca antes viramos!
Xa dende o momento de entrar atopámonos cun batuxo..... aínda que o nome nos pareceu un tanto raro pronto adiviñamos entre todos e todas para que serviría.
Despois, coas nosas gafas máxicas tiñamos que buscar pola exposición de ourivería as diferentes pezas que se nos ensinaban en papel....e foi difícil pero tamén o conseguimos!
Tamén visitamos o obradoiro de carpintería onde nos ensinaron diferentes tipos de madeira, diferentes ferramentas para traballala e diferentes pezas que alí fan.
E tamén estivemos nun lugar moi especial: a reprodución do Pórtico da Gloria onde fixemos xogos de busca de diferentes animais nunha sala chea de zanfonas e instrumentos antigos do máis especiais. E aquí por suposto acordámonos moito de David e de todo o que nos ensina ao redor dos instrumentos...canto sabiamos xa!!!
E tamén puidemos tocar de verdade este instrumento que funcionaba metendo aire con un pedal e que grazas ás diferentes teclas producía uns sons ou outros dependendo do tubiño polo que saía o aire....e por suposto o que máis molaba era busacr os máis graves e os máis agudos....os máis estrondosos sons sempre son os que máis nos molan....jejejeje.
E por suposto visitamos tamén a exposición do Traxe Galego. Alí puidemos ver os diferentes tipos de traxe: de home e de muller, de gala ou de faena, as formas e cores etc....
Agora nas aulas seguiremos investigando ao redor deste tema e xa vos iremos contando.
E...queremos recordarvos que se queredes podedes vir a participar nas aulas compartindo con nós un ratiño lendo un conto, falando da vosa profesión, aportando nalgún dos proxectos iniciados, cociñando con nós etc.... é dicir compartindo un pocuquiño de vós con nós. A experiencia é sempre moi positiva e aos nenos e nenas nos encanta tervos na aula....veña que xa esta a rematar o curso animádevos!!!!

16 de abril de 2012
Robby and Patch are going to your house!
Boas a todos e todas;
A partir de mañá martes Robby e Patch visitarán os fogares dos vosos fillos e fillas de 1º de E.I. Alí pasarán a tarde e a noite xogando, comendo e durmindo, e facendo todo aquelo que vós fagades. Os vosos fillos e fillas terán a responsabilidade de coidar dos nosos amiguiños, darlles de comer e de deitalos na súa camiña cando eles marchen para a cama. Pola mañá almorzarán e irán xuntos para o cole, e de seguro que con fermosas historias e anécdotas que contarnos.
Esta bonita actividade levarémola a cabo os martes, mércores e xoves e en quendas. Un día levarán a Robby e outro a Patch e o funcionamento será o mesmo. Ambos son moi bos e amigables polo que o goce está garantido.
Sabemos que coidaredes ben deles, polo que esperamos que gocedes desta fermosa e enriquecedora experiencia.
Se podedes e queredes, podedes facer fotos do proceso para así compartilas con todos nós.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)