29 de enero de 2012

Iniciamos obradoiros internivelares

Como sabedes gustamos de facer cousiñas mesturándonos nenos e nenas de diferentes idades. Este curso, como os outros, temos moitos momentos compartidos entre as aulas de Educación infantil pero tamén cos nenos e nenas de 1º EP.

Dende inicio de curso os nenos e nenas da clase dos golfiños e 1º EP, todos os luns, estivemos a facer dous obradoiros: horto e experimentos e ademais de pasalo xenial aprendimos moitas cousas máxicas.

Agora dende o incio do segundo trimestre tócanos incorporarnos aos tigres e aos soles, e os obradoiros que temos en marcha son : "Horto", "Corpo", "Somos artistas" e "Cociña".

No obradoiro de Horto iniciamos os primeiros traballos para ir preparando a terra e poder sementar. Tamén recollimos a folla e xuntámola para o compost.
horto1
horto2

No obradoiro que chamamos "Corpo" imos experimentando sensacións do noso propio corpo, a relaxación individual e tamén as masaxes en parellas. Fixemos tamén un taller de apertas que nos deixou un moi bo corpo a todas e todos e gozamos destes momentos de expresión de emocións e compartir cos demais estas xeniais sensacións.
masaxes
masaxes2
abrazos 4
abrazos 3
Abrazos2
abrazos1

No obradoiro de cociña empezamos polos "Enroladiños de salchicha" que nos saíron requetedeliciosos.

cociña3
cociña 2
cociña

No obradoiro "Artistas", grazas á nosa creatividades e un pouco de maxia, fixemos estes fermosos botes de sales de cores:
artistas 1
artistas1
artistas2
artistasss
artista

E seguiremos ao longo de todo o curso con estes obradoiros nos que ademais de aprender e sentir, gozamos do tempo compartido con outros nenos e nenas de idades diferentes e con necesidades tamén diferentes pero moi moi compatibles.

17 de enero de 2012

Os grandes ao cole....


....si, si desta volta tócavos a vós. Pero non só aos papás e mamás senón tamén aos profes.

Estamos a preparar unhas xornadas dirixidas ao profesorado de Educación Infantil, primeiro ciclo de primaria, profesionais da psicoloxía, pedagoxía e todos aqueles interesados e interesadas na educación e desenvolvemento dos máis pequenos e pequenas.
Terá lugar nas instalacións do cole entre o 24 e 26 de febreiro de 2012. Aínda quedan prazas!

A poñente do curso é Yolanda González Vara, psicóloga clínica, formadora en promoción da saúde e prevención infantil e autora do moi moi recomendable libro "Amar sin miedo a malcriar".
Podedes atopar máis información sobre ela aquí.

E para as familias teremos o sábado 24 de 18 a 20hrs un obradoiro teórico vivencial titulado "As emocións infantis e as nosas". Animádevos a vir que de seguro pode aportar moito á crianza dos vosos nenos e nenas. Haberá servizo de gardería!
O prazo de inscrición remata o 6 de febreiro pero non tardedes porque as prazas son limitadas. Pedide información no cole ou a través do teléfono 982 265205, ou en curso@centrogalen.com.

5 de enero de 2012

Máxicas visitas

Claro que si! Non podían faltar as visitas das personaxes máxicas do Nadal. E este ano, por partida doble xa que non só apareceron polas aulas os Reis Magos de Oriente, senón que por primeira vez este ano pasou o Apalpador por aquí!!!!

apalpador 1

Que ilusión nos fixo ver a este personaxe que os nenos e nenas de 3º EI levavamos tanto tempo coñecendo de oídas, dos contos, das cancións....e pensabamos que nunca ía chegar o día de velo en persoa....E así foi.
Mirade as nosas cariñas cando o vimos entrar pola porta da aula:

apalpador 3

Apareceu no cole tal e como nos tiñan contando, tal e como o describían os libros e a información que sobre el recompilamos: a súa pucha na cabeza, os seus zocos para andar pola montaña e pola lama sen mollar os pes, o seu fol de coiro cheíño de castañas, e a súa cachimba na boca...apagada eh!!! .... contounos que xa non fuma pero que a leva na boca para acordar que non debe facelo.

apalpador 2

E como di a historia, para que poida vir e apalpar as barriguiñas os nenos e as nenas teñen que estar durmidos e durmidas polo que .....a durmir nos puxemoooooossss!!!!

apalpador 5


E o momento da despedida foi do máis emotivo, lanzámonos a darlle miles de apertas e chuchos...e ata lle cantamos a canción mentres marchaba polo corredor esperando que non esqueza volver o ano que vén.

apalpador 4

Para os que aínda non sabedes quen é o apalapador recomendámosvos visitar o blog de meninheira que fixo unha xenial entrada onde recolleu moitos dos recursos sobre esta personaxe e unha cantiguiña intrepretada por unha das mellores voces masculinas da música galega actual, Xabier Díaz. Esperamos vos guste: Dalle un coliño. Tamén nós o ano pasado vos contamos algunhas cousiñas aquí.

E para rematar o día de visitas especiais, estiveron con nós as súas Maxestades. Este ano viñeron nunha furgoneta de Rebibir. Contarvos para os que sodes novos que cada ano veñen en medios de transporte moi diferentes e ás veces sorprendentes: en autobús antigo, en cabalo, en moto de traill, en traspaleta, en seiscentos, en remolque de tractor.. xa vedes que orixinais son. E todos os nenos e nenas do cole non só estamos cada Nadal intrigados por velos senón tamén por saber en que virán....que divertido!

Leron as cartas que lles entregamos coas nosas peticións:
reis 1
Adiantáronnos os agasallos para as aulas:

reis 3

e ata algún valente achegouse a recollelo sen dubidalo un segundo:

reis 2


Pois con esta entrada rematamos a serie de entradas adicadas ao Nadal. Xa quedan só uns pouquiños días para a volta ás aulas e poder seguir vivindo aventuras tan emocionantes coma sempre.
Gozade destes días!!!!! Biquiños.

3 de enero de 2012

Nós falamos así..... CRI CRIIIII!!!!!!


Como vos estivemos contando durante o pasado mes de decembro fixemos moitas cousas preparando as diversas actividades e proxectos do Nadal. Hai unha da que aínda non vos contamos nada pero que xa escoitastes. Foi a canción que aprendemos para o concerto de Nadal.
A pesar do moito traballo que temos nestas datas sempre sacamos un ratiño para cantar e ensaiar a canción que logo facemos con todos os nenos e nenas do cole no festival.
E por si era pouco, este ano aprendemos outro idioma máis. Convertémonos en grilos e aprendemos a falar CRI CRI!!
grilo
Foi moi divertido. Cantamos en moitos idiomas: english, castellano, euskera, català, italiano, français, português, …
Desta volta cantaron con nós as nenas e nenos de 2º da ESO… si si!!!… os que nos viñeron a contar un montón de cousas sobre o proxecto REBIBIR e que tamén estaban moi atarefados. Aínda así atopamos momentiños nos que quedar para ensaiar e así conseguimos que a canción fose todo un éxito.
concerto
concerto 2
concerto 3
Deixámosvos aquí o enlace a un vídeo moi divertido coa canción CRI CRI !!! que pertence ao disco “A nena e o grilo” de Magín Blanco (moi moi recomendable para a discografía familiar), pois de seguro xa tedes a gravación da nosa interpretación no festival de Nadal.
nena e grilo
Deica a vindeira nova.