14 de octubre de 2011

Robby Rabbit no San Froilán!

Hello everyone!
O martes 11 de outubro Robby Rabbit foi ao San Froilán. Díxome que lle encantou a pesar de estar abrumado coa cantidade de xente que había. Ao primeiro quixo marchar, pois non era o ambiente natural ao que está acostumado, pero logo custoulle facelo: non quería ir para a casa ata que despois lle entrou o sono. Fixo tantas cousas, andivo tanto e coñeceu a tanta xente que acabou derrengado. Foron tantas as emocións que, novamente, Robby durmiu como nunca!
Se unha foto di máis que mil palabras, unhas cantas din moito máis. Hai fotos e Robby quere compartilas con vós. Esperamos que vos gusten tanto como a nós. See you soon!

Arrival
Meeting Dora
Buying a ticket
Horse ride
Motorbike
Buying candy floss
Candy floss
Train
Kuku
I want a duck
I met a fairy!
I'm thirsty and hungry!
Fireworks!
Bye bye San Froilán!

8 de octubre de 2011

Robby Rabbit's Birthday Party!

Hello!
O pasado martes día 27 de outubro foi o aniversario de Robby. Cumpliu 5 aniños e decidiu celebralo cos seus amigos de 3º de Infantil. Fixemos entón unha festa onde todos e todas nos fixemos uns "hats" con Robby e tamén comemos (repetindo ata 3 veces!) unha riquísima "chocolate cake" coas súas respectivas "five candles". Os nenos e nenas aproveitaron para lle dar os "presents" que lle fixeran e mesmo tivemos un mini-obradoiro con "balloons" onde fixemos "swords" e "dogs". Robby nunca tan ben durmiu!

We're making party hats!

Blow the candles Robby!

Mmm... delicious!

7 de octubre de 2011

Presentación Cantarela 2011-12

Estamos vivindo unha semana de moitas emocións. Por un lado están as festas de San Froilán, que como vos contabamos na entrada anterior, están cheas de actividades para pasar estes días en compaña da familia e amigos.

concerto inicio cantarela 4

Pero ademais hoxe no cole tamén pasamos un día moi especial. Tivemos a oportunidade de ver o primeiro concerto que organizou a Escola de Música Cantarela. Nel puidemos ver como algúns dos nenos e nenas máis grandes do cole amosaban o seu bo facer cos distintos instrumentos que están a aprender e todo elo con certa dose de humor. Ademais puidemos coñecer aos mestres e mestras e todos os instrumentos que podemos tocar na Escola.
.

cantarela inicio 1

Algúns son vellos coñecidos como Oleg, Yideira, Antonio, Mus ou Tania, que é a nosa mestra de Música e Movemento. Tamén puidemos ver a Uxía que é a mestra de Primaria ou ao noso profe de música David. Pero tamén houbo xente que non coñeciamos. Estaban Diego que é o profe de violín e que hoxe tocou a viola, Andrea que é a profe de guitarra e toca xenial e Cristina que toca o violonchelo. Carai menudo instrumento o violonchelo. Que chulada!!!

cantarela inicio2


En fin que todo apunta a que este ano imos ver moi bos concertos en Cantarela e isto foi só o comezo. Por certo todos os papás e mamás estades convidados a estes concertos así que a próxima vez non dubidedes en vir. Paga a pena!!!.


concerto inicio cantarela (3)

5 de octubre de 2011

San Froilán Miúdo

Este é o nome da programación infantil para as festas de San Froilán, e queremos animarvos a participar delas xa que as festas, ademais de para gozar delas coa familia, as xuntanzas, os paseos e as atraccións, son unha oportunidade para poder gozar aquí na nosa cidade dunha maior oferta cultural con espectáculos teatrais, musicais, circo, danza etc....
Para ver o programa e ir organizando a vosa axenda cultural festeira, premede AQUÍ.
Neste mesmo sitio podedes atopar toda a programación para adultos e...non tan maiores eh?!! porque moitas das actividades que aparecen fóra do apartado infantil seguro que tamén nos poden facer gozar e participar da festa como os pasarrúas, música tradicional, algún concerto.....xa nos contaredes!

E aproveitando esta entradiña sobre oferta cultural, recordade que no menú da esquerda podedes atopar información sobre espectáculos fóra e dentro de Lugo ao longo de todo o ano, que esperamos vos anime participar.
Pasade un bo San Froilán!!!!